Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga
| Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga | ||
|---|---|---|
Retrato de Alonso Pérez de Guzmán y Zúñiga, no Palacio de Medina-Sidonia. |
||
| Datos persoais | ||
| Almirante Xeneral Duque de Medina Sidonia |
||
| Nacemento: | 10 de setembro de 1550 Sanlúcar de Barrameda Cádiz, |
|
| Defunción: | 26 de xullo de 1615 Sanlúcar de Barrameda |
|
| Servizo: | 1544 – 1588 | |
| Mandos: | Armada española | |
| Título: | XII Señor de Sanlúcar, X Conde de Niebla, VII Duque de Medina Sidonia e V Marqués de Cazaza |
|
| Batallas: | Guerra anglo-española de 1585-1604 | |
| Premios: | Cabaleiro da Orde do Toisón de Ouro Capitán xeral do mar Océano |
|
Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga nado o 10 de setembro de 1550 en Sanlúcar de Barrameda, Cádiz e morto o 26 de xullo de 1615 en Sanlúcar de Barrameda, fillo de Juan Claros Pérez de Guzmán y Aragón (IX Conde de Niebla) e de Leonor de Zúñiga y Sotomayor, foi comandante en xefe da Armada Española e dirixiuna durante a tráxica aventura da coñecida "Armada Invencible".
Índice |
[editar] Traxectoría
Nado en Cádiz en 1550, en 1556 converteuse en X Conde de Niebla tras a morte do seu pai, en 1558 no VII Duque de Medina-Sidonia tras o falecemento do seu avó (Juan Alonso Pérez de Guzmán y Zúñiga), convertendose no posuidor dunha das maiores fortunas de Europa.
[editar] Compromiso e matrimonio
O sétimo duque foi prometido en 1565 con Ana de Silva e Mendoza, filla da princesa de Éboli, que tiña nese momento 4 anos. En 1572, cando a duquesa tiña algo máis de 10 anos, o Papa Gregorio XIII concedeulles unha dispensa para a consumación do matrimonio. Foi o escándalo da época aínda que parece non ter ningún fundamento ao acusar a Filipe II dunha intriga amorosa coa princesa de Éboli. O invariable e inmerecido favor mostrado cara ao duque foi explicado por un interese máis paternal cara á duquesa.
[editar] Honras recibidas
Alonso non fixo esforzos serios para salvar á súa sogra da persecución que sufriu a mans de Felipe II. A súa correspondencia está chea de ximoteos e queixas pola súa situación de pobreza e peticións de favores ao rei. En 1581 foi nomeado cabaleiro da Orde do Toisón de Ouro e capitán xeral de Lombardía.[1]
Alonso foi tamén o patrón de Jerónimo Sánchez de Carranza, quen escribiu o primeiro texto sobre o sistema de loita española con espada chamado Verdadeira destreza e denominado o pai da esgrima española.
[editar] Ao mando da Armada
Cando Álvaro de Bazán (marqués de Santa Cruz) morreu o 9 de febreiro de 1588, Filipe II insistiu en nomearlle capitán xeral do mar Océano (comandante da Armada).[2] Foi obrigado a ir a pesar das súas declaracións acerca da súa inexperiencia, falta de capacidade e os seus mareos constantes no mar. O seu goberno da Armada xustificou a súa súplica. Ata lle acusaron de mostrar falta de coraxe e regresou completamente enfermo polos sufrimentos da campaña, que o encaneció. O duque retivo os seus títulos de Almirante do Océano e Capitán Xeral de Andalucía ata co desprezo que expresaba por el a nación enteira.
[editar] Anos finais
Cando unha flota anglo-holandesa tomou e saqueó Cádiz en 1596[3] , a súa lentitude e timidez foi en gran parte responsable da perda da praza.[4] Foi levado ao ridículo por Cervantes nun soneto.[5] Aínda así, o favor real continuou ata co sucesor de Felipe II. En 1606 a obstinación e torpeza do duque causaron a perda dunha escuadra nas proximidades de Xibraltar por parte dos holandeses.
[editar] Notas
- ↑ Colección de documentos inéditos para a historia de España, vol XXVIII, páx. 369.
- ↑ Op. cit., páx. 378.
- ↑ Documentos relativos a la toma y saco de Cádiz por los ingleses, pp. 205–435, de la Real Academia de la Historia.
- ↑ Pedro de Abreu: Historia do saqueo de Cádiz polos ingleses en 1596, escrita pouco despois do suceso, foi vetada na súa época polas críticas vertidas contra a defensa española. Publicaríase por vez primeira en 1866.
- ↑ o_duque_de_Medina_en_Cádiz Soneto á entrada do duque de Medina en Cádiz, en wikisource.