Álvaro de Bazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvaro de Bazán y Guzmán
Alvaro de Bazan.jpg
Álvaro de Bazán
Datos persoais
Almirante Xeneral
Marqués de Santa Cruz
Nacemento: 12 de decembro de 1526
Granada, Andalucía Andalucía
Defunción: 9 de febreiro de 1588
Lisboa Flag of Cross of Burgundy.svg Imperio español
Servizo: 15441588
Fidelidade: Flag of Cross of Burgundy.svg España
Mandos: Armada española
Título: Marqués de Santa Cruz.
Batallas: Defensa de Galicia frente os franceses
Conquista da Illa La Gomera
Socorro a Illa de Malta
Batalla de Lepanto
Batalla da Illa Terceira
Premios: cabaleiro da Orde de Santiago
Outros: Escudo Álvaro de Bazán.svg

Álvaro de Bazán y Guzmán nado o 12 de decembro de 1526 en Granada (Andalucía), e finado o 9 de febreiro de 1588 en Lisboa (Portugal), foi militar e almirante da Armada española, primeiro marqués de Santa Cruz,[1] en referencia á localidade manchega de Santa Cruz de Mudela, e cabaleiro da Orde de Santiago.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Naceu no mesmo centro da cidade de Granada, confluencia da rúa Reis Católicos e Gran Vía, onde se abre a Praza de Isabel a Católica, e morreu en Lisboa. O seu avó serviu na Guerra de Granada cos Reis Católicos e o seu pai foi mariño ao servizo de Carlos I. Estes obtiveron da monarquía a concesión dos señoríos do Viso do Porto e de Santa Cruz de Mudela, que pasarían a pertencer a don Álvaro.

Fillo dun mariño de prestixio, de igual nome e coñecido como Don Álvaro «o Vello» (Xornada de Tunisia) que chegou a ser Capitán Xeral das Galeras de España, e de dona Ana Guzmán, filla do conde de Teba e marqués de Ardales, tivo a oportunidade de tomar armas na mar desde moi novo en compañía do seu pai. Ao seu lado estivo na vitoria naval que conseguiu da armada francesa sobre as costas de Galicia o 25 de xullo de 1544, e conducidas as presas á Coruña, quedaron ao coidado do mozo. Con 2 anos de idade, Carlos V fíxolle mercé do hábito de Santiago, expresión da predilección do emperador polo seu pai. O seu mestre foi Pedro González de Simancas, que lle proporcionou unha instrución humanística moi esmerada e fíxolle ter en gran estima a poetas e humanistas, aos que sempre protexeu e dos que foi mecenas.

Escudo de armas.

De estirpe nobre navarra, o escudo familiar é un taboleiro de xadrez, segundo un devandito popular, por acharse xogando a este xogo antes da batalla, aínda que o máis lóxico sexa que proceda do val de Baztán.[2] Nos marqueses de Santa Cruz engadíronse as oito cruces de San Andrés que rodean ao taboleiro de xadrez.

Bazán estivo ao mando da escuadra de reserva cunha decisiva actuación na batalla de Lepanto. Cóntase que gañou o título de Marqués de Santa Cruz cando o rei se compadeceu del ao velo estar ao sol e mandoulle cubrirse, e ao agradecerllo aquel, o monarca díxolle: «polo sol, señor marqués, polo sol».

A vida militar de Álvaro de Bazán vai indisolublemente unida aos principais feitos de armas da mariña. Foi home de confianza de Filipe II e nomeado Capitán da Mar Océana e Almirante da Mariña.

As súas campañas máis destacadas foron:

Sorprendeulle a morte en Lisboa, ocupado na preparación da Grande e Felicísima Armada. Está enterrado no Viso del Marqués xunto coa súa dona, María Manuela de Benavides.

Logros militares[editar | editar a fonte]

Monumento a Bazán na Praza de la Vila de Madrid (M. Benlliure, 1891).

As cifras resultantes das campañas militares de Álvaro de Bazán reafirman o seu posto de honra entre os máis grandes mariños que deu España:

  • Illas rendidas: 8
  • Cidades rendidas: 2
  • Vilas rendidas: 25
  • Castelos e fortes tomados: 36
  • Capitáns xerais derrotados: 8
  • Maestres de campo derrotados: 2
  • Señores e cabaleiros principais derrotados: 60
  • Soldados e mariños franceses rendidos: 4.759
  • Soldados e mariños ingleses rendidos: 780
  • Soldados e mariños portugueses rendidos: 6.243
  • Prisioneiros cristiáns liberados: 1.564
  • Galeras reais capturadas: 44
  • Goletas capturadas: 21
  • Galeóns e naves de alto bordo capturados: 99
  • Bergantines capturados: 27
  • Caramuzalé turcos apresados: 7
  • Cárabos mouriscos apresados: 3
  • Galeazas apresadas: 1
  • Pezas de artillería capturadas: 1.814.
  • Derrotas: 0

Marqués e mecenas[editar | editar a fonte]

Viso del Marqués - Palacio dos marqueses de Santa Cruz e Arquivo Xeral da Mariña Álvaro de Bazán.

O poeta renacentista Cristóbal Mosquera de Figueroa ao dedicarlle un dos seus libros, dános a relación de títulos e honras que o Marqués posuía:

Elogio del excelentíssimo señor Don Álvaro de Baçán, marqués de Santa Cruz, señor de las Villas del Viso y Valdepeñas, Comendador mayor de León, del Consejo de su Magestad, y su Capitán General del mar Océano y de la gente de guerra del Reyno de Portugal.
(Madrid, 1596)

Polos seus méritos militares o rei Filipe II concedeulle o título de Marqués e tomou o nome de Marques de Santa Cruz por ser señor da vila de Santa Cruz de Múdea, co que o Viso do Porto paso a chamarse Viso del Marqués. Comprou a Filipe II o señorío da vila de Valdepeñas en Cidade Real.

Construio a fins do século XVI dous palacios, un na praza maior de Valdepeñas, que non se conserva, e outro á beira da igrexa parroquial del Viso do Marqués, que si se conserva e é utilizado actualmente como arquivo xeral da mariña. A obra deste último comezouse en 1564 segundo o modelo de Giovanni Castello, o Bergamasco, segundo di Ceán Bermúdez, aínda que Fernando Marías opina que o palacio foi proxectado por Enrique Egas o Mozo e continuado polo Bergamasco cando chegou de Italia acompañado de bos artistas e decoradores. O palacio é considerado unha xoia do renacemento español sendo o único de estilo italiano que se conserva en toda España.

Don Álvaro cubriu este magnífico palacio renacentista de incontables frescos dos pintores manieristas italianos Cesar Arbasia e toda a familia Peroli, Nicolás, Esteban, Francesco e Giambattista Peroli, que fixo chamar de Italia, para narrar con imaxes as súas fazañas militares en paralelismo coas do heroe mitolóxico Hércules.

O marqués quería así estar a metade de camiño entre a corte e o porto de Sevilla ao que como mariño famoso tiña que acudir frecuentemente; ao longo de toda a súa vida preocupouse frecuentemente en redimir cautivos dos musulmáns. Na igrexa parroquial contigua atópase como exvoto un crocodilo disecado colgado da bóveda central do presbiterio, agasallo ao marqués dun bajá musulmán nun das súas incontables viaxes.

Os marqueses de Santa Cruz protexeron as artes e as letras, varios escritores dedicáronlles algunhas das súas obras (Góngora, entre outros). Don Álvaro é moi posible que protexese a Bernardo de Balbuena e outros poetas, como un descoñecido «bacharel Jarana». O fillo de don Álvaro protexeu a Félix Lope de Vega, quen lle dedicou unha comedia, e durante o século XVIII foron ilustrados, fomentaron as industrias locais e a educación nos seus señoríos e protexeron a escritores e intelectuais ilustrados como Carlos de Praves, José de Viera y Clavijo ou Manuel Lanz de Casafonda, que foron preceptores dos seus fillos.

Poesía de Lope de Vega[editar | editar a fonte]

Poesía dedicada por Lope de Vega en 1588 a D. Álvaro de Bazán:
Lope de Vega

El fiero turco en Lepanto,
en la Tercera el francés,
y en todo mar el inglés,
tuvieron de verme espanto.

Rey servido y patria honrada
dirán mejor quién he sido
por la cruz de mi apellido
y con la cruz de mi espada.


Lope de Vega a Álvaro de Bazán


Notas[editar | editar a fonte]

F-101 Fragata da Armada Española Álvaro de Bazán.
  • Web Cidade Real e os seus pobos.
  • Real Academia da Historia. Publicacións periódicas. Tomo 26, Ano 1895.
    • Os Trofeos de D. Álvaro de Bazán. Cristóbal Pérez Pastor. [2]
    • Escritura de Fundación de Mayorazgo. Arquivos de Protocolos de Madrid (Escribanía de Santiago Fernández, ano 1606).
  • Museo Naval de Madrid.
  • Arquivo Xeral da Mariña «Álvaro de Bazán». Viso del Marqués.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grandes de España. Concedido o 11 de outubro de 1569 polo rei Filipe II ao gran mariño don Álvaro de Bazán y Guzmán, descendente de Fernando I de León e Castela, granadino de nacemento e de orixe navarra. [1]
  2. http://www.valledebaztan.com/home.htm. El Valle de Baztán (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Semanario pintoresco español Biografía de Alvaro de Bazán (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]