Micrófago (animal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbas ou baleas da balea alibranca (esquerda) e da balea azul (dereita).

Os animais consumidores de alimentos sólidos divídense en micrófagos e macrófagos segundo o tamaño das partículas dós alimentos inxeridos en relación ao seu propio tamaño.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Os termos micrófago, e o seu derivado microfaxia, "cualidade do micrófago", están formados polos elementos micro- e -fago e -faxia, dericados do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno" e do elemenro -φαγία -phagía, derivado do verbo φαγεῖν phageîn, "comer".[1]

Animais micrófagos[editar | editar a fonte]

Os animais micrófagos nútrense de presas minúsculas,​ ou de partículas orgánicas microscópicas.[1] Por iso, estas materias deben seren inxeridas en gran cantidade. Estas partículas van desde restos orgánicos duns poucos nanómetros até pquenos moluscos e crustáceos, como o krill, do que se alimentan os cetáceos misticetos, filtrando estes elementos nutritivos da auga coas súas barbas,[2] ou baleas.[3][4]

Os sistemas de inxestión de alimentos son variados: pestanas vibrántiles que aseguran unha corrente de auga e/ou de mucus, incluíndo partículas en moluscos e tunicados, por exemplo; estruturas filtrantes en crustáceos, flamengos e baleas ou, nalgunhas especies como as miñocas ou o verme Arenicola marina, que inxiren de xeito indiscriminado todo o ambiente que os rodea e que contén partículas de alimento.

No chan, os micrófagos poden ser colémbolos, algún ácaros, nematodos ou larvas de dípteros, que se alimentan dos seres vivos máis pequenos, algas, protozoos, fungos, e bacterias.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Entre os organismos desta categoría encóntranse:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dicciomed: Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico". dicciomed.usal.es. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  2. barba, 1º artigo, 7ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. 2ª acep.[Ligazón morta] no Dicionario da RAG.
  4. "microphage / M / Glossaire / infos / envlit / Ifremer - envlit". envlit.ifremer.fr. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  5. micrófagos.