Michel Teló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michel Teló
Michel Teló em Show.jpg
Nome completo Michel Teló
Naceu 21 de xaneiro de 1981 (33 anos)
Orixe Medianeira, Paraná,
Flag of Brazil.svg Brasil
Ocupación (s) Cantante e compositor
Instrumento(s) Voz

Michel Teló, nado en Medianeira (Paraná) o 21 de xaneiro de 1981, é un cantante e compositor brasileiro. Formou parte de dúas bandas, pero foi co grupo Tradição co que despegou a súa carreira como cantante. Os maiores éxitos do grupo son "Barquinho", "O Caldeirão", "Pra Sempre Minha Vida", "A Brasileira", "Ai Se Eu te Pego" e "Eu Quero Você". Ademais de cantante e compositor é un bailarín, e toca o acordeón e harmónica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar de nacer en Paraná, vive en Campo Grande, Mato Groso do Sur.

A súa canción "Ei, Psiu! Beijo Me Liga" foi un gran éxito en 2010. Ademais desta, tamén foi todo un éxito a canción "Fugidinha", cuxos autores son Rodriguinho e Tiaguinho, integrantes dun grupo brasilero de pagode orixinario de São Paulo: Exaltasamba. A versión de "Fugidinha" que é interpretada por Michel Teló foi un gran éxito nun programa de televisión brasileiro, coñecido baixo o nome O Melhor do Brasil da cadea Rede Record, e foi parte dous anos consecutivos da banda sonora dunha telenovela xuvenil chamada "Malhação", da cadea Rede Globo.

No reality show Big Brother Brasil 11, transmitido no día 16 de marzo de 2011, Michel Teló participou na festa titulada Sertanejo Universitário, coa participación tamén de João Bosco & Vinícius e Fernando & Sorocaba.[1]

No 2011 a súa canción "Ai Se Eu Te Pego" foi un éxito.

Fama internacional[editar | editar a fonte]

Michel tocando.

Coa canción "Ai se eu te Pego" acadou a fama fóra do Brasil debido ao baile do xogador de fútbol profesional Neymar. En España púxose de moda logo da celebración de Cristiano Ronaldo e Marcelo despois de marcar un gol co Real Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]