Mertxe Aizpurua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMertxe Aizpurua

(2023) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(eu) Mertxe Aizpurua Arzallus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Mercedes Aizpurua Arzallus Editar o valor em Wikidata
8 de xaneiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Usurbil, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputada de España
14 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Presidenta Udalbiltza (en) Traducir
2012 – 2015
Alcaldesa de Usurbil
15 de xuño de 2011 – 15 de xuño de 2015
← Xabier Mikel Errekondo (en) Traducir
Directora Gara
1999 – 2004 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskal Herria Bildu Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: MertxeAizpurua Editar o valor em Wikidata

Mertxe Aizpurua Arzallus, nada en Usurbil, Guipúscoa o 18 de xaneiro de 1960, é unha política e xornalista vasca e deputada nas lexislaturas XIII e XIV. É a voceira do Grupo Parlamentario de EH Bildu.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aizpurua naceu no concello guipuscoano de Usurbil en 1960. É licenciada en Ciencias da Información.[1][2]

Foi editora do xornal Egin e da revista Punto y Hora de Euskal Herria.[3] En setembro de 1983 Punto y Hora publicou un editorial sobre os "soldados" nacionalistas vascos e unha entrevista cun irmán dun membro de ETA morto por manipular un artefacto explosivo no concello navarro de Tafalla.[4] En outubro de 1984, a Audiencia Nacional condenou a Aizpurua por "apoiar o terrorismo" e condenouna a un ano de prisión e prohibiulle traballar como xornalista durante un ano.[5][6][7]

É fundadora do xornal Gara, sendo directora entre 1999 e 2004.[8] En xuño de 2001 foi interrogada polo xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón despois de que Gara publicase unha entrevista con dous líderes de ETA.[9] O caso contra Aizpurua foi desestimado finalmente en marzo de 2004.[10]

É directora do xornal dominical, 7K, de Gara.[8] É a autora de Argala: Pensamiento en Acción: Vida e Escritos (2018), unha biografía do líder de ETA, Argala.[11]

Aizpurua participou nas eleccións locais de 2011 como candidata da alianza electoral Bildu en Usurbil e foi elixida concelleira. Foi alcaldesa de Usurbil de 2011 a 2015 e presidenta da Udalbiltza de 2012 a 2015.[1] Participou nas eleccións xerais de abril de 2019 e de novembro de 2019 como candidata de EH Bildu por Guipúscoa resultando electa en ámbalas dúas ocasións.[12][13][14]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casada e ten un fillo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Members: XIII Legislatura ( 2019-Actualidad) - Aizpurua Arzallus, Mertxe". 
  2. "Udalbiltzako lehendakariak ez du hautetsi segituko Usurbilen". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  3. Ediciones El País, ed. (30 de novembro de 1998). "Presentación de 'Gara', el diario que sustituirá a 'Egin' en 1999". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  4. "Index". Index on Censorship (Londres) 14 (1). doi:10.1080/03064228508533847. 
  5. "Hoy será juzgada la directora de la revista 'Punto y Hora'". El País (en castelán) (Ediciones El País). 4 de outubro de 1984. ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  6. "Condenada por apología del terrorismo la directora técnica de 'Punto y Hora'". El País (en castelán) (Ediciones El País). 16 de outubro de 1984. ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  7. Clark, Robert P. "Negotiating with ETA: Obstacles to Peace in the Basque Country, 1975-1988". www.google.com. Consultado o 2022-02-19. 
  8. 8,0 8,1 "Mertxe Aizpurua, cabeza de lista de EH Bildu por Gipuzkoa". 13 de marzo de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  9. "'Gara' quemó las cintas de la entrevista a ETA". El País (en castelán) (Ediciones El País). 16 de xuño de 2001. ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  10. "Mertxe Aizpurua eta Martxelo Otamendi auzi honekin ez auzipetzea erabaki du Garzonek". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  11. Aizpurua Arzallus. Argala: Pensamiento en Acción : Vida y Escritos. ISBN 9788494959509. 
  12. "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo." (PDF). 
  13. "Resolución de 24 de mayo de 2019, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, por la que se publica el resumen de los resultados de las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado convocadas por Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo, y celebradas el 28 de abril de 2019, conforme a las actas de escrutinio general y de proclamación de electos remitidas por las correspondientes Juntas Electorales Provinciales y por las Juntas Electorales de Ceuta y de Melilla." (PDF). 
  14. "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 551/2019, de 24 de septiembre." (PDF).