José Miguel Beñaran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Miguel Beñaran Ordeñana, coñecido co sobrenome de Argala, nado en 1949 en Arrigorriaga, Biscaia, e finado o 21 de decembro de 1978 en Anglet, Francia, foi un dirixente de ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De extracción obreira enriquecida, na súa mocidade ingresou na Lexión de María, interesado polos máis desfavorecidos entrou en contacto co marxismo e acabou entrando en ETA. Argala accionou a bomba que matou a Luis Carrero Blanco presidente do goberno con Franco en 1973, refuxiado en Iparralde como membro da dirección etarra participou na restruturación de ETA, dunha parte analizando as consecuencias da caída do franquismo e pola outra desdobrando a organización para abranguer todos as frontes, formándose en novembro de 1974 ETA (militar) e cinco anos despois foi el mesmo asasinado por un coche bomba no sur de Francia, onde estaba refuxiado, polo Batallón Vasco Español.