Neon Bible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neon Bible
Álbum de Arcade Fire
Edición: 3 de marzo do 2007
Datas de gravación: 2006
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: indie rock, baroque pop
Selo(s): Merge Records
Producido por: Arcade Fire
Cronoloxía
Funeral Neon Bible The Suburbs

Neon Bible é o segundo álbum da banda canadense de indie rock Arcade Fire, editado o 3 de marzo do 2007 a través do selo Merge Records, aínda que orixinalmente foi anunciado para o 16 de decembro do 2006 na súa páxina web. A meirande parte do disco foi gravado nunha igrexa que a banda mercou e restaurou.

Neon Bible estreouse no número 2 da lista Billboard 200, vendendo 92.000 copias na súa primeira semana e 400.000 ata a data. Foi publicado no mesmo tempo que os exitosos álbums de The Shins Wincing the Night Away e de Modest Mouse We Were Dead Before the Ship Even Sank, e foi citado como un exemplo da popularización do indie rock. Os críticos elaboraron reseñas moi faborables do disco e publicacións como NME e IGN eloxiaron o álbum polo seu carácter grandioso[1][2], mentres que Rolling Stone e Uncut dixeron que o resultado era un son distante e esaxerado.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Black Mirror" – 4:13
  2. "Keep the Car Running" – 3:29
  3. "Neon Bible" – 2:16
  4. "Intervention" – 4:19
  5. "Black Wave/Bad Vibrations" – 3:56
  6. "Ocean of Noise" – 4:53
  7. "The Well and the Lighthouse" – 3:57
  8. "(Antichrist Television Blues)" – 5:10
  9. "Windowsill" – 4:16
  10. "No Cars Go" – 5:43
  11. "My Body Is a Cage" – 4:47

Notas[editar | editar a fonte]