Lou Barlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lou Barlow
Sebadoh2007.jpg
Nome completo Louis Knox Barlow
Naceu 17 de xullo de 1966 (48 anos)
Orixe Dayton, Ohio Flag of the United States.svg
Xénero indie rock, lo-fi
Instrumento(s) guitarra, baixo, percusión, teclados, voz
Relacionado con Dinosaur Jr., Sebadoh, Sentridoh, Folk Implosion
Tempo en activo 1982 - actualidade
Na rede
http://www.loobiecore.com/

Louis Knox Barlow, nado o 17 de xullo de 1966, é un músico estadounidense coñecido por ser un dos pioneiros no desenvolvemento do lo-fi a finais da década dos 80 e principios dos 90. Foi membro fundador das bandas Deep Wound, Dinosaur Jr., Sebadoh e The Folk Implosion.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barlow naceu en Dayton, Ohio, pero medrou en Jackson, Michigan e en Westfield, Massachusetts. Asistíu ao instituto en Westfield, onde coñeceu a Scott Helland, con quen formou a banda Deep Wound, precursora do hardcore punk en Massachusetts. J Mascis ingresou na banda despois de contestar un aviso que pedía "un batería que toque realmente rápido". A banda disolveuse en 1984 despois de desilusionarse coa escena hardcore. Mascis e Barlow reuníronse posteriormente ese mesmo ano para formar a banda Dinosaur, que máis tarde chamaríase Dinosaur Jr. Entre ambos músicos comezou unha relación moi tensa, xa que, ao parecer, Barlow pretendía facerse co control creativo da banda e apenas falaba con Mascis, o que o levou a abandonar o grupo despois do lanzamiento do seu terceiro álbum, Bug, en 1989.

Despois de deixar Dinosaur Jr., Barlow volcou a súa atención no seu proxecto paralelo Sebadoh, que xa formara algúns anos antes xunto ao multiinstrumentista Eric Gaffney. O proxecto incluíu técnicas de gravación de baixa fidelidade e combinou as composicións introspectivas e confeccionais de Barlow coas melodías noise de Gaffney. O baixista e compositor Jason Loewenstein uniríase posteriormente á alineación do grupo. Os primeiros traballos de Sebadoh inclúen a The Freed Man de 1989 e Weed Forestin de 1990, que despois foron combinados no álbum dobre The Freed Weed. A banda publicou varios traballos a través do selo Sub Pop no anos 90.

A medida que Sebadoh medraba en popularidade, Barlow continuou traballando no seu proxecto paralelo Sentridoh, formado principalmente por material gravado de xeito caseiro semellante ao dos tres primeiros álbums de Sebadoh, pero a miudo gravado só poe el e con peor calidade de son. Sentridoh publicou tres álbums só en casete a través de Shrimper Records a comezos dos 90, sendo os temas máis destacados editados posteriormente en CD e vinilo en recompilatorios como Winning Losers: A Collection of Home Recordings 89-93 (1994) e Another Collection of Home Recordings (1994). En 1993 Sentridoh lanzou un sinxelo para o tema "Losercore" a través do selo Smells Like Records, fundado por Steve Shelley da banda Sonic Youth. Barlow definíuno como "o máis finamente exécutado de todos os meus lanzamentos" grazas a Shelley, que "se asegurou de que soase ben". Seguíronlle numerosas gravacións publicadas a través de distintas discográficas, incluídos lanzamentos no seu propio selo Loobiecore.

En 1994 Barlow formed The Folk Implosion co cantautor John Davis. A banda publicou varios sinxelos e EPs, e en 1995 acadou o top 40 coa canción "Natural One", da banda sonora da película Kids de Larry Clark. Ese tema continúa sendo o maior éxito comercial de Barlow. A banda sonora foi comisariada polo propio Barlow, e tamén inclúe cancións de Sebadoh, The Folk Implosion, Slint e Daniel Johnston.

Despois do lanzamento do oitavo álbum de Sebadoh, The Sebadoh, en 1999, a banda entrou en hiato e os seus membros adicáronse a outros proxectos. Barlow continuou traballando con The Folk Implosion, publicando One Part Lullaby ese mesmo ano. No ano 2000 Barlow tomouse un respiro con ese grupo para colaborar co álbum Subsonic 6 co músico belga Rudy Trouvé. No 2003 publicou The New Folk Implosion, que contaba con Imaad Wasif na guitarra e Russ Pollard na batería. Ese mesmo ano apareceu como músico na película Laurel Canyon. Na primavera do 2004 Barlow reuníuse brevemente con Loewenstein para a xira de Sebadoh Turbo Acoustic. Durante a mesma tamén reuníuse con J Mascis para interpretar a canción "Video Prick" co antigo vocalista de Deep Wound Charlie Nakajima. Esta actuación levou a unha reunión da formación orixinal de Dinosaur Jr. no ano 2005, composta por Barlow, Mascis e Murph, que tocaron "The Lung" no programa The Late Late Show with Craig Ferguson o día 15 de abril, e realizaron un concerto no Spaceland de Los Angeles a noite seguinte. A banda dende entón realizou xiras polos Estados Unidos e Europa durante o resto do ano, e no 2006 tocaron en Xapón, Australia e Nova Zelandia. No ano 2007 Barlow reuníuse con Loewenstein e Gaffney para realizar os primeiros concertos coa formación "clásica" de Sebadoh en 14 anos.