The Magnetic Fields

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Magnetic Fields
Magnetic-fields-in-concert.jpg
Orixe Boston, Massachusetts, Flag of the United States.svg
Período 1989 - actualidade
Xénero(s) indie pop, synthpop
Selo(s) discográfico(s) Feel Good All Over, Merge, Nonesuch
Membros Stephin Merritt
Claudia Gonson
Sam Davol
John Woo
Shirley Simms
Antigos membros Susan Anway
Web oficial houseoftomorrow.com


The Magnetic Fields é unha banda estadounidense de indie pop fundada e liderada por Stephin Merritt. El é o principal compositor, produtor e vocalista do grupo, ademais de tocar varios instrumentos. The Magnetic Fields é esencialmente o vehículo artístico de Merritt, xunto con outros proxectos, como The 6ths, Future Bible Heroes e The Gothic Archies. Aínda que o particular estilo da banda é normalmente tan maleable como a forma de compoñer de Merritt, as súas cancións son normalmente catalogadas como synthpop, indie pop e noise pop.

A banda publicou o seu sinxelo de estrea (e tamén o máis coñecido), "100,000 Fireflies", en 1991, cun son típico dos seus primeiros tempos caracterizado polos sintetizadores de Merritt e as voces de Susan Anway (e posteriormente do propio Stephin Merritt dende o EP House of Tomorrow en diante). Unha banda máis tradicional materializouse máis tarde, actualmente formada por Merritt, Claudia Gonson, Sam Davol e John Woo, con voces ocasionais de Shirley Simms. O seu traballo máis coñecido é o álbum conceptual en tres volumes 69 Love Songs. Foi seguido nos seguntes anos pola triloxía "sen sintes" i (2004), Distortion (2008) e Realism (2010).

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]