Mercedes Romero Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMercedes Romero Abella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1907 Editar o valor em Wikidata
Cee, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Aranga, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Mazariegos Martínez
PaiManuel Romero Castro Editar o valor em Wikidata

Mercedes Romero Abella, nada en Cee o 27 de xuño de 1907 e finada en Aranga o 19 de novembro de 1936, foi unha mestra republicana galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade viviu en Corcubión, onde o seu pai Manuel Romero Castro traballaba como fotógrafo. Comezou os estudos de Maxisterio na Coruña en 1922 e rematou en 1926. En 1931 casou con Francisco Mazariegos Martínez, empregado de banca e sindicalista da UGT no Banco Pastor. En 1936 era mestra en Monelos, foi presidenta da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE).[1] Despois do asasinato do seu home, cando tentaba facer xestións para embarcar cara América foi detida. Violada e torturada, foi fusilada no pozo da Castellana (Aranga) o 19 de novembro de 1936. Foi enterrada nunha fosa común en Vilarraso.[2]

Ela e María Vázquez Suárez son as dúas mestras executadas na represión fascista.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Los 508 maestros de A Coruña castigados por padecer una «tara liberal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-12. Consultado o 2021-07-12. 
  2. "Mercedes Romero Abella, la maestra gallega asesinada con lápices en el bolsillo". El HuffPost (en castelán). 2019-07-07. Consultado o 2021-07-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]