Media cadrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A media cadrática é igual á raíz cadrada da suma dos cadrados dos valores dividida entre o número de datos.

Este valor serve como medida de asociación e ten aplicacións en multitude de disciplinas, dende as biolóxicas como medicina ata as humanidades como a economía.

Ás veces a variable toma valores positivos e negativos, como ocorre por exemplo nos erros de medida. En tal caso pódese estar interesado en obter un promedio que non recolla os efectos do signo. Este problema resólvese mediante este tipo de media cadrática. O seu cálculo procede de elevar ó cadrado tódalas observacións (así os signos negativos desaparecen), obter despois a súa media aritmética e extraer, finalmente, a raíz cadrada desta media para volver á unidade de medida orixinal.