Media ponderada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase media ponderada dun conxunto de números ao resultado de multiplicar cada un dos números por un valor particular para cada un deles, chamado peso, obtendo a continuación a media aritmética do conxunto formado polos produtos anteriores.

Utilízase cando non tódolos elementos dos que se pretende obter a media teñen a mesma importancia.

Un exemplo é a obtención da media ponderada das notas dunha oposición na que se asigna distinta importancia (peso) a cada unha das probas de que consta o exame.

Para unha serie de datos non baleira:

X = \{ x_1, x_2, x_3..., x_n \} \,

á que corresponden os pesos:

 W = \{ w_1, w_2, ..., w_n \} \,

a media ponderada calcúlase da seguinte maneira:


\bar{x} = \frac{ \sum_{i=1}^n x_i w_i }{\sum_{i=1}^n w_i} = \frac{ x_1 w_1  + x_2 w_2  + x_3 w_3 + ... + x_n w_n }{w_1 + w_2 + w_3 + ... + w_n}

Outras medias estatísticas son a media xeométrica, a media aritmética e a media harmónica.