Maurice Baring

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maurice Baring , nado en 1874 e finado en 1945, foi un escritor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no Eton College e no Trinity College, Cambridge. Entrou na carreira diplomática, pero ao pouco tempo deixouno e dedicouse a viaxar, sobre todo por Rusia, fixo crónicas para o London Morning Post da guerra ruso-xaponesa.
En 1909 converteuse ao catolicismo. Durante a Primeira Guerra Mundial uniuse á Royal Flying Corps, onde serviu como axudante de Hugh Trenchard. Despois da guerra gozou dun período de éxito como dramaturgo, o que o anima a escribir novelas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • With the Russians in Manchuria (1905).
  • Flying Corps (1920).
  • Passing By (1921) novela.
  • The Puppet Show of Memory (1922) autobiografía.
  • C (1924), novela.
  • Cat's Cradle (1925) novela.
  • Daphne Adeane (1926) novela.
  • Robert Peckham (1930) novela histórica.
  • Have You Anything to Declare? (1936).