Xenética molecular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A xenética molecular é o campo da bioloxía que estuda a estrutura e a función dos xenes a nivel molecular. A xenética molecular emprega os métodos da xenética e a bioloxía molecular.

Noméase desta forma para diferenciala doutras pólas da xenética como a ecoloxía xenética e a xenética de poboacións. Unha área importante dentro da xenética molecular é o uso da información molecular para determinar os patróns de descendencia e por tanto, a correcta clasificación científica dos organismos, o que se denomina sistemática molecular, mentres que ao estabelecemento de relacións de parentesco se chama filoxenia molecular.