María Victoria Eiroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Victoria Eiroa
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 2007 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Victoria Eiroa Díaz, nada en Ferrol en 1915 e finada en Madrid o 2 de outubro de 2007,[1] foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Aprendeu alemán con Ottilia Ulbricht, que a introduciu nas Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista. Despois integrouse na Falange de José Antonio Primo de Rivera. En febreiro de 1936 Pilar Primo de Rivera na compaña de Dora Maqueda visitou Galicia para estender a Sección Femenina da Falange, e María Victoria Eiroa pasou a integrar primeira xefatura organizativa de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 regresou a Ferrol e foi xefa comarcal da Sección Feminina de Ferrol, delegada provincial de Auxilio Social e encargada do Auxilio de Invierno. En decembro de 1937 visitou Alemaña cunha delegación da Sección Femenina. Ao rematar a guerra instalouse en Madrid e pasou a ser doutora en Filosofía e Letras. Foi regidora central de Administración, administradora da Escuela Nacional Isabel La Católica de Ávila, directora do Colegio Mayor Teresa de Jesús e regidora central do SEU. Foi reitora de Universidade Laboral de Zarazoza (1967-1977).

Na Transición foi nomeada Directora xeral de Promoción Familiar e da Muller e formou parte da Asociación Nueva Andadura con Pilar Primo de Rivera e promoveu a organización neofranquista Plataforma 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]