María Victoria Besada Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Victoria Besada Montenegro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Directora do Centro Oceanográfico de Vigo 2015-2020
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalDoutora en Ciencias Químicas
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica, oceanógrafa
EmpregadorInstituto Español de Oceanografía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4260450

María Victoria Besada Montenegro, nada en Vigo[1] o 23 de marzo de 1961,[2] é unha científica galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 2003 pola Universidade de Vigo coa tese "Estudio y seguimiento del contenido en Cd, Cu, Hg, Pb y Zn en mejillón (Mytilus galloprovincialis) silvestre de las costas del norte y noroeste de España", dirixida por José Antonio Rodríguez Vázquez.[3][4]

Durante 25 anos desenvolveu o seu labor investigador na área de contaminación mariña e protección ambiental, centrada na avaliación e caracterización de contaminantes químicos en mostras ambientais, fundamentalmente nas costas de Galicia, Cantábrico e golfo de Cádiz. Así mesmo, participou no seguimento do impacto xerado por verteduras mariñas tales como as do Casón, a do desastre de Aznalcóllar, o Mar Exeo ou o Prestige.[5]

Representou a España en diversos comités internacionais e grupos de traballo de contaminación mariña en foros como o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), OSPAR, ou a Unión Europea, e contribuíu na posta en marcha da Directiva Marco de la Estrategia Marina Española.[5]

Desde 2015 a 2020 foi a directora do Centro Oceanográfico de Vigo,[6][7] sendo unha das catro mulleres directoras dos nove Centros Oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía.[8]

Foi a organizadora, directora e relatora do Simposio Internacional de Ciencias Marinas celebrado en Vigo en 2018.[8]

En 2017 recolleu a Medalla de Oro da Cidade outorgada ao Centro Oceanográfico pola Corporación Municipal de Vigo e a Medalla Castelao, o máximo recoñecemento que outorga a Xunta de Galicia ao traballo da sociedade civil.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas publicacións son:[3]

  • 2018 — "Use of whole mussels and mussel gills in metal pollution biomonitoring" (con Paula Sánchez Marín e Ricardo Beiras García-Sabell) Ciencias marinas 44 (4): 279-294.[9]
  • 2017 —"La contaminación en la ría de Vigo" (con Juan Domingo Bellas Bereijo, Lucía Elisa Viñas Diéguez, María Ángeles Franco Hernández, María Inmaculada Alves Garana, Jessica Bargiela Barros, Bruno Cambeiro Cambeiro, María López Rodríguez, Begoña Pérez, Diego Rial Conde, Fernando Schultze, José Antonio Soriano Sanz e Leticia Vidal Liñán) Glaucopis: Boletín do Instituto de Estudos Vigueses 22: 299-312.[10]
  • 2012 — "Descriptores 8 y 9: contaminación y sus efectos. Contaminantes en productos de la pesca" (con Víctor M. León, Lucía Elisa Viñas Diéguez e José Benedicto). Industrias Pesqueras: revista marítima quincenal 2052: 14-17.
  • 2008 — "Contaminación" (con Juan José González, Cristina Álvarez, Ricardo Beiras García-Sabell, José Fumega, María Ángeles Franco Hernández, Mariano Gómez, Amelia González Quijano, Teresa Nunes, Ricardo Prego Reboredo, José Antonio Soriano Sanz e Lucía Elisa Viñas Diéguez. En: Alberto González-Garcés Santiso (dir.) La Ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo. ISBN 978-84-8959-934-5, páxs. 201-256.
  • 2006 — "Concentraciones de mercurio, cadmio, plomo, arsénico, cobre y zinc en atún blanco, rabil y patudo procedentes del Océano Atlántico" (con J. J. González, e F. Schultze). Ciencias marinas 32 (2): 439-445.[11]
  • 1997 — "Variación anual de las concentraciones de Hg, Pb, Cd, Cu y Zn en mejillón silvestre de la ría de Vigo" (con J. Fumega e Bruno Cambeiro Cambeiro). En: Procesos biogeoquímicos en sistemas costeros hispanolusos. VIII Seminario Ibérico de Química Marina (Vigo). ISBN 84-8969-027-8, páxs. 95-98.
  • 1977 — "Distribución de metales pesados en sedimentos superficiales de la ría de Vigo" (con Lucia Elisa Viñas Diéguez e Fernando Schultze). En: Procesos biogeoquímicos en sistemas costeros hispanolusos. VIII Seminario Ibérico de Química Marina. (Vigo). ISBN 84-8969-027-8, páxs. 79-84.
  • 1994 — "Control de calidad en los estudios de contaminantes en el programa de "Monitoring" del medio marino del Instituto Español de Oceanografía. Ejemplo de los análisis de red de seguimiento de mejillón" (con J. Guerrero, Fernando Schultze e César Rodríguez Mielgo). VII Seminario de Química Marina (Cádiz), páxs. 271-278.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mª Victoria Besada Montenegro (5 de agosto de 2018). "Pregón al Santísimo Cristo de la Victoria". Atlántico. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "En primera persona. Cien años de historia a través de sus directores". Instituto Español de Oceanografía. 2017. 
  3. 3,0 3,1 María Victoria Besada Montenegro en Dialnet.
  4. Resumo
  5. 5,0 5,1 Pablo Lozano (2017). "La investigación debe ser una prioridad en el avance de un país" (PDF). IEO. Revista del Instituto Español de Oceanografía (en castelán) (26): 28. 
  6. IEO. Centro Oceanográfico de Vigo Consultada o 13 de maio de 2020.
  7. "Pablo Carrera dirigirá el Oceanográfico de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-09-19. Consultado o 2022-09-22. 
  8. 8,0 8,1 María Victoria Besada Montenegro en Smartvigo. Consultada o 13 de maio de 2020.
  9. Texto completo
  10. Texto competo
  11. Resumo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]