María Pérez Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Pérez Piñeiro
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1985
Catoira
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupacióncaiaquista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Membro do equipo deportivoClub Piragüismo As Torres de Catoira
Participou en
2011Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón Editar o valor em Wikidata

María Pérez Piñeiro, nada en Catoira o 11 de xuño de 1985,[1] é unha deportista galega que competiu en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2011, e dúas medallas de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón nos anos 2007 e 2011.[2]

Ademais gañou seis veces de forma consecutiva o Descenso Internacional do Sella en K2, de 2006 a 2011.[1][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no piragüismo no Club de Piragüismo As Torres de Catoira, competindo en probas de maratón. En 2005 debutou tanto no Campionato de Europa (na República Checa) como no Campionato do mundo (en Perth, Australia), finalizando 12ª de Europa[4] e sétima do mundo en K1.[5]

Ao ano seguinte pasou a competir en K2, formando parella coa vasca Naiara Gómez. Con ela gañou ese ano o Descenso Internacional do Sella, na categoría K2.[6] Ademais quedaron ás portas das medallas no Campionato do Mundo celebrado en Francia, ao remataren en cuarta posición.[7][8] En 2007 gañaron de novo o Descenso do Sella e lograron a medalla de bronce no Europeo de Trenčín, Eslovaquia, por detrás das embarcacións húngaras de Renáta Csay e Bereniké Faldum (ouro) e Zsófia Kollár e Judit Kollár (prata).[9] No Mundial só puideron ser décimas.[10]

En 2008 logrou o seu terceiro triunfo no Sella (quinto para Naiara Gómez) e quedou quinta no Mundial.[11] Ao ano seguinte cambiou de parella ao deixar Naiara a competición por maternidade, e formou equipo coa palentina Mara Santos. Gañaron o Descenso do Sella[12] e finalizaron sextas no Europeo celebrado en Polonia.[13]

En 2010 volveu a formar parella con Naiara Gómez, coa que volveu gañar no Sella. Con todo, só puideron rematar na 12ª posición no Mundial celebrado en Banyoles.[14] Repetiron vitoria no Descenso do Sella en 2011,[15][16] ano no que lograron ademais o bronce no Campionato de Europa[17] e o bronce no Campionato do Mundo celebrado en Singapur, quedando só a un segundo da prata.[18][19]

Tras ese ano de éxitos viuse obrigada a emigrar a Inglaterra, onde traballou como mestra de castelán na pequena vila de Corsham e despois como camareira, e acabou por deixar o piragüismo.[20] Volveu a Galicia en 2016 para traballar como cazadora de talentos da Federación Galega de Piragüismo.[21]

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 2013 recibiu a Medalla Honorífica do Comité Olímpico Español.[22][23]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
2011 Singapur Singapur Medalla de bronce Bronce K2
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2007 Francia Saint-Jean-de-Losne Medalla de bronce Bronce K2
2011 Eslovaquia Trenčín Medalla de bronce Bronce K2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La hexacampeona del Sella vuelve de Inglaterra a la caza de talentos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  2. María Pérez Piñeiro en CanoeResults.eu (en inglés).
  3. "Histórico de gañadores do Descenso do Sella". Sella Virtual (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  4. "Resultados República Checa 2005" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados Perth 2005" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  6. "El cántabro Martínez, en la leyenda del río Sella" (en castelán). 6 de agosto de 2006. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  7. "Resultados Tremolat 2006" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  8. "Jorge Alonso y Santiago Guerrero finalizan en cuarto lugar en el Mundial de Maratón" (en castelán). 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  9. "Resultados Trencin 2007" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  10. "Resultados Gyor 2007" (PDF). CanoeICF. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  11. "Resultados Tyn nad Vltavou 2008" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  12. "La gallega María Pérez, campeona del Sella en K-2". La Voz de Galicia (en castelán). https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2009/08/09/gallega-maria-perez-campeona-sella-k-2/0003_7897363.htm. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  13. "Resultados Ostroda 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  14. "Resultados Banyoles 2010" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  15. "Una vikinga domina en el Sella". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  16. ""Te sientes como un futbolista"". Faro de Vigo (en castelán). 8 de agosto de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  17. "Resultados Francia 2011" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  18. "Naiara Gómez se cuelga la medalla de bronce en el mundial de Singapur con el K-2" (en castelán). 24 de outubro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  19. "Resultados de Singapur 2011" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  20. "María Pérez no defenderá sus seis títulos en el Descenso del Sella ni su bronce mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  21. "La hexacampeona del Sella vuelve de Inglaterra a la caza de talentos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  22. "El Comité Olímpico Español concede a la catoirense María Pérez la Medalla Honorífica" (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  23. "El Comité Olímpico Español condecora a María Pérez". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]