Manecas Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManecas Costa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Guinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: db7f3c1c-3f14-4e33-ba8a-c589a08b13a0 Songkick: 229555 Discogs: 770837 Editar o valor em Wikidata

Manecas Costa, nado en Cacheu en 1967[1] é un cantante, guitarrista e compositor de Guinea-Bissau.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou nunha familia da etnia manjaca. Comezou a tocar a guitarra con 9 anos e estudou con José Carlos Schwarz, un dos artistas máis recoñecidos de Guinea-Bissau.[1][2] Formou o grupo musical Africa Livre co seu irmán Nelson con tan só 10 anos, tiveron éxito e converteuse na estrela local.[1][2]

O traballo do compositor e guitarrista Manecas Costa baséase no gumbe, expresión musical e danza predominante na súa rexión de orixe, acompañada polo tambor de auga. Canta en crioulo, unha mestura das linguas indíxenas e o portugués.[1] As súas letras tratan da situación na que se atopan as mulleres guineanas e sobre o terceiro mundo en xeral.[3]

Na década de 1970 colaborou con moitos artistas de Guinea-Bissau, como N'Kassa Cobra, Cobiana Djaz ou Mama Djombo, e viaxou con este último a Cuba onde tocou xunto á Orquesta Aragón e Kapa Negra.[4][3] A finais da década de 1980 converteuse no baixista de artistas como Zé Manel. Porén decidiu comezar a súa carreira en solitario e gañou un premio de UNICEF nun concurso internacional de radio en 1987. Foi nomeado Embaixador de boa vontade de UNICEF ós 20 anos, participou en campañas sobre saúde infantil e compuxo cancións para difundila mensaxe, como o tema Meninos.[1]

Como moitos músicos de Guinea-Bissau emigrou na busca de mellores oportunidades, trasladándose a Lisboa en 1990.[1] Na década de 1990 realizou xiras por Angola, Cabo Verde, Italia e Portugal. Gravou o seu primeiro álbum en Lisboa, titulado Mundo di Femea (1991), proxecto no que participaron algúns músicos dos Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa como Paulino Vieira, Eduardo Paim e tamén seu irmán Nelson Costa. Nesta etapa colaborou con moitos outros artistas como Paulo Flores, Tabanka Djaz, Bius, Waldemar Bastos e Astra Harris. O seu segundo álbum Fundo di Mato é un traballo que vai do acústico ó eléctrico e do tradicional á música moderna.[3]

Participou no disco recompilación Palop Africa!, que reuniu varios músicos dos países africanos de fala portuguesa e fixo algunhas actuacións no Reino Unido para amosar o traballo. A canción Ermos di terra causoulle impresión á musicóloga inglesa e presentadora do programa World Routes da BBC Radio 3 Lucy Duran.[4] Como resultado o álbum Paradiso Di Gumbe (2003), foi producido pola presentadora británica. Este está considerado o primeiro disco gravado en Guinea-Bissau a pesar da rica tradición musical do seu país, que aínda se atopaba en proceso de reconstrución trala guerra civil de 1998. Lucy Duran e máis o produtor Jerry Boys montaron un estudio de gravación improvisado na discoteca The Rio en Guinea Bissau. Traballaron principalmente con músicos nativos pero incorporaron á gravación novos instrumentos.[1]

Tras coñecer a Narf no Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré[5][6] en Pontevedra[7] decidiron traballar xuntos. Gravou o seu cuarto disco Aló Irmao! (2010), en colaboración con Narf, en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela no ano 2009.[8][9] Conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco[10] en agosto do ano 2010, permanecendo no cumio da lista durante tres semanas.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Mundo Di Fêmea (1991)
  • Fundo Di Matiu (1999)
  • Paradiso Di Gumbe (2003)
  • Aló irmao! (2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Manecas Costa - Artist Biography". AllMusic (en inglés). Consultado o 7-1-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Manecas Costa". La Mar de Músicas (en castelán). Cartaxena. Consultado o 7-1-2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Manecas Costa, o Paraíso do Gumbé". Djambadon (en inglés). 2-12-2005. Consultado o 7-1-2017. 
  4. 4,0 4,1 Galilea, Carlos (17-4-2004). "La esperanza de Manecas Costa". El País (en castelán). Consultado o 7-1-2017. 
  5. Ucha, Olaia (26-4-2009). "Fran Pérez: "O galego é unha ponte"". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 30-12-2016. 
  6. Sotelino, B. R. (4-3-2010). "En 'Aló irmao' estamos Manecas Costa y yo, y un bosque de guitarras alrededor creando sonoridades". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30-12-2016. 
  7. "Galicia y Guinea Bissau se unen en «Aló Irmao!»". cancioneros (en castelán). 28-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 
  8. "Aló Irmâo". B!ritmos (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 27-12-2016. 
  9. "Narf y Manecas Costa graban en directo Aló Irmao en el Teatro Principal de Compostela". galicia digital (en castelán). 12-6-2009. Consultado o 27-12-2016. 
  10. Dopico, Montse (27-3-2011). "A cultura e o idioma son o maior activo que temos. Creo que descoidalos é un erro". El Mundo. Consultado o 30-12-2016. 
  11. "Músicas posibles - Aló Irmao!". Radio Televisión Española (en castelán). 30-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]