MAVEN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MAVEN / Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN
MAVEN.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita de Marte.[1][2][3]
Data de lanzamento18 de novembro de 2013, 18:28 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorAtlas 5[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID2013-063A
Masa2454 kg (con propelente)[1]

MAVEN ou Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN é unha sonda espacial da NASA lanzada o 18 de novembro de 2013 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

MAVEN foi enviada a Marte para estudar a atmosfera superior e a ionosfera do planeta vermello, así como as súas interaccións co vento solar e determinar a perda co tempo dos gases da atmosfera marciana e o seu efecto na evolución do planeta.[1][2][3]

O corpo da nave ten forma aproximadamente cúbica de 2,3 x 2,3 x 2,0 m, construído con paneis de aluminio entremetidos en paneis de composto de grafito. No centro do corpo atópase un depósito de propelente cilíndrico de 1,3 m de diámetro que pode conter ata 1640 kg de hidracina. Do corpo da nave saen dous paneis solares que proporcionan a alimentación eléctrica. A nave leva oito instrumentos científicos a bordo: un magnetómetro, un espectrómetro de ións e gases neutros, unha sonda Langmuir e detector de ondas, un espectrómetro ultravioleta, un analizador de electróns do vento solar, un analizador de ións do vento solar, un detector de partículas enerxéticas solares e un detector de ións termais e supratermais.[1][2][3]

MAVEN foi lanzada o 18 de novembro de 2013 e chegou a Marte o 22 de setembro de 2014, acadando unha órbita científica cun período de 4,5 horas, unha inclinación de 75º e unha periapse de 150 km.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN (MAVEN)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MAVEN (Mars Scout 2)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  4. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  5. "Note verbale dated 23 December 2014 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (15-00343(E)). 15 de xaneiro de 2015: 5. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]