Partido da Social Democracia Brasileira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido da Social Democracia Brasileira
PSDB
Historia
Fundación 25 de xuño de 1988
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo democrático, socialdemocracia
Outros datos
Sede SGAS Q.607
Ed. Metrópolis, B2
Asa Sul, Brasilia, Brasil
Páxina web www.psdb.org.br/

O Partido da Social Democracia Brasileira é un partido político brasileiro. Foi fundado o 25 de xuño de 1988 por importantes figuras da política brasileira, como o ex-presidente (na época senador) Fernando Henrique Cardoso. O seu símbolo é un tucán nas cores azul e amarelo, e por esa razón, os seus membros son chamados os tucanos. Surxiu dunha disidencia do Partido do Movimento Democrático Brasileiro.