Lucero Tena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucero Tena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María de la Luz Tena Álvarez ` Editar o valor em Wikidata
16 de setembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Victoria de Durango, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
México Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , música Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 9193a87a-a5ec-4fa5-800e-63f139aca089 Discogs: 2652684 Allmusic: mn0000859291 Editar o valor em Wikidata

María de la Luz Tena Álvarez, de nome artístico Lucero Tena,[1] nada na Cidade de México o 16 de setembro de 1938, é unha bailarina de flamenco de orixe mexicana e cidadanía española. Reside neste último país desde 1958.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enric Matallí, activista cultural valenciano, con Lucero Tena

É neta de María Rosario del Pilar Bonachea de Mendoza, nada en Gasteiz, e filla da mestra Lucha Álvarez de Tena. Conserva familia en Pasadena (California) e en Cuernavaca (México). Segundo ela mesma, por mor dunhas febres contraídas aos catro anos empezou a bailar:

"Nos meus inicios estudei ballet clásico con Nina Shestakova durante oito anos, e danza española coa bailarina madrileña Emilia Díaz, quen me ensinou os bailes do rico folclore español, a escola bolera do século XVIII e as danzas clásicas dos compositores españois como Falla, Albéniz, Granadeiros, Turina etc."[3]

Coñeceu á bailaora Carmen Amaya cando esta estaba de xira en México. Por un imprevisto de saúde da súa irmá Leonor, Carmen convidou a Lucero a substituíla. Tras isto, entrou a formar parte da compañía. Con Carmen Amaya realizou xiras por México e polos EUA durante tres anos, até 1957.

Lucero Tena chegou a Madrid en 1958. Bailou durante varios anos como figura exemplar no famoso "Corral de la Morería", aberto en maio de 1956. Máis adiante creou o seu propio grupo de flamenco, co que realizou xiras polo estranxeiro.

Amais dunha extraordinaria «bailaora», é unha excepcional executante das castañolas, en particular na interpretación de obras clásicas. Joaquín Rodrigo dedicoulle as súas Dos danzas españolas en 1966. Destaca, neste aspecto, a súa participación no concerto inaugural do Palau de la Música de València o 25 de abril de 1987.

Tralo seu retiro como «bailaora», medrou a súa actividade como concertista de castañolas. Ten actuado con grandes directores de orquestra como Mstislav Rostropovich, Rafael Frühbeck de Burgos, Jesús López Cobos, Sergiu Comissiona, Franz-Paul Decker e Miguel Ángel Gómez Martínez. É considerada a introdutora da castañola como instrumento orquestral no mundo.[4]

Foi profesora no Conservatorio Superior de Música de Madrid. É autora de discos como "Lecciones de castañuelas" (1966), a serie "Palillos flamencos", "El barroco español en castañuelas" ou "Música española en castañuelas" (1992). Amais, unha das súas actuacións, “La boda de Luis Alonso”, dirixida polo mestre Enrique García Asensio en 2007 e gravada nun vídeo dispoñíbel en YouTube, alcanzou 13 millóns de visualizacións.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casada 44 anos cun médico galego, José Carlos de Mendoza Feijóo, de quen enviuvou.[6]

Reside no barrio de Salamanca, Madrid, tras vivir moitos anos en Boadilla del Monte.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Oro del Círculo de Bellas Artes (1965)[7]
  • Lazo de Dama da Orde de Isabel a Católica (1968)[8]
  • Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes[9]
  • Alta Distinción da Generalitat Valenciana ó Mérito Cultural.[9]
  • Medalla de Ouro da Cidade de Valencia concedida polo Concello de Valencia (2002).[9]
  • Garavata da Orde de Alfonso X el Sabio (2003).[10]
  • Socia de honor da Asociación Manuel de Falla-Ernesto Halffter de Cádiz (2013).[11]
  • Encomienda con Placa da Orden Civil de Alfonso X el Sabio (2015).[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ´Hace años que las castañuelas que toco sólo se fabrican en Valencia´
  2. Marta Carrasco (16 de setembro de 2019). "El 16 de septiembre de 1938 nace en México". Twitter. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  3. A mesma fonte e ligazón da nota anterior, en que detalla outras circunstancias dos seus primeiros tempos e a aprendizaxe xunto a Carmen Amaya.
  4. Román, Manuel (10 de xaneiro de 2016). "Lucero Tena: más de seis décadas tocando las castañuelas". Libertad Digital (Madrid). Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  5. "Lucero Tena: “Una vez que estoy en el escenario, respiro”". Beckmesser. 22 de maio de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  6. Méndez, José Antonio (setembro-novembro 2021). "Lucero Tena: “La pasión es importante, pero sin disciplina, el talento se desperdicia”". Madrid. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  7. Agencia EFE, ed. (11 de maio de 1965). "Madrid, 11-5-1965.- En el teatro de Bellas Artes han sido entregadas por Joaquín Calvo Sotelo, al final de una representación, las medallas de oro del Círculo. En la foto la bailaora Lucero Tena". Servicios. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  8. "Lucero Tena condecorada con el lazo de dama de la Orden de Isabel la Católica" (1502). Madrid. 1968. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Redacción (7 de outubro de 2012). "La musica iza la Senyera: La Banda y la Orquesta de Valencia ofrecen hoy y mañana conciertos gratuitos para conmemorar el 9 d'Octubre". Las Provincias (Valencia). Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  10. Cecilia Gómez (17 de xaneiro de 2017). "Lucero Tena. Gran mujer, gran artísta". Amante Magazine. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  11. G., T. (11 de novembro de 2013). "Lucero Tena, socia de honor de Manuel de Falla-Ernesto Halffter". Diario de Cádiz (Cádiz). Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  12. Boletín Oficial del Estado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]