Lol Tolhurst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lol Tolhurst
Lol Tolhurst.jpg
Lol (á esquerda) cun seareiro.
Nome completo Laurence Andrew Tolhurst
Naceu 3 de febreiro de 1959 (55 anos)
Orixe Horley, Inglaterra Inglaterra
Instrumento(s) batería, teclado
Relacionado con The Cure, Presence, Levinhurst, Malice, Easy Cure


Laurence Andrew Tolhurst (nado o 3 de febreiro de 1959) é un dos membros fundadores e antigo batería e teclista da banda inglesa The Cure. Deixou o grupo en 1989 e traballou posteriormente na banda Presence e no seu actual proxecto Levinhurst, unha contracción dos apelidos de Lol e a súa muller, a vocalista Cindy Levinsons.

Biografía[editar | editar a fonte]

Tolhurst foi un dos co-fundadores de The Cure, e como o seu batería axudou a compoñer e a gravar os álbums Three Imaginary Boys, Boys Don't Cry, Seventeen Seconds, Faith e Pornography. Despois da xira deste último en 1982 Tolhurst asumíu o traballo de teclista.

Despois da súa saída de The Cure, Tolhurst e Gary Biddles, que traballara anteriormente con Simon Gallup en Fools Dance, formaron a banda de curta vida Presence, que só editou un álbum chamado Inside. Anos máis tarde dixo que o grupo gravara un segundo álbum, pero era moi pouco probable que chegase a ver a luz. En 1994, demandou a Robert Smith e a Fiction Records polos pagos de royalties, e tamén reclamou a propiedade conxunta do nome "The Cure" xunto con Smith. Finalmente perdeu despois dunha longa batalla legal. Tamén traballou como produtoras a producer para o álbum de estrea de And Also the Trees.

A principios dos anos 2000, Tolhurst e a súa segunda muller, Cindy Levinson, formaron unha banda chamada Levinhurst. Poucos meses antes da esdición do seu primeiro álbum, Tolhurst dixo nunha entrevista que se reconciliara con Robert Smith e que eran amigos novamente. Pouco despois, Levinhurst editou o álbum Perfect Life. Dende entón a banda editou un EP chamado The Grey, cunha versión de "All Cats Are Grey" de The Cure e dous temas máis. O seu segundo álbum, House by the Sea, lanzouse en abril do 2007 e o terceiro, Blue Star, que contaba con Michael Dempsey, o baixista orixinal de The Cure, apareceu en xuño do 2009.

Recentemente compuxo música para o documental 9,000 Needles, e actualmente está realizando unha xira mundial con Levinhurst para promocional Blue Star. A segunda parte da xira europea Blue Star Over Europe foi en outubro do 2010 e continuar´coa parte americana na primavera do 2011.