Simon Gallup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simon Gallup
Simon Gallup - 1st August 2007.jpg
Nome completo Simon Jonathon Gallup
Naceu 1 de xuño de 1960 (53 anos)
Orixe Surrey, Inglaterra Inglaterra
Ocupación (s) músico
Instrumento(s) baixo, teclados, voz
Relacionado con The Cure, Lockjaw, The Magazine Spies, Fools Dance
Tempo en activo 1978 - actualidade


Simon Jonathon Gallup (nado o 1 de xuño de 1960 en Duxhurst (Surrey) é un músico inglés, baixista da banda post-punk The Cure.

Biografía[editar | editar a fonte]

Simon é o máis novo de seis irmáns nacidos da parella formada por Bob e Peg Gallup. Xunto coa súa primeira muller, Carol Thompson, tocou nunha banda chamada The Magazine Spies. Antes de unirse a The Cure, Gallup tamén foi baixista do grupo de punk rock Lockjaw.

Gallup comezou a tocar con The Cure en 1979, substituíndo a Michael Dempsey no baixo. Tamén fai labores de teclista dende a saída de Matthieu Hartley en 1980. En 1982 foi expulsado do grupo despois dunha suposta pelexa nun bar con Robert Smith, pouco tempo despois de gravar o álbum Pornography e de rematar a súa xira de promoción.

Durante ese tempo formou o grupo Fools Dance (inicialmente chamado The Cry), e en 1984 regresou a The Cure, despois de que Smith o convidase a unirse novamente á banda.

A finais de 1992 tomouse un tempo de descanso durante a xira de Wish, despois de ter sido ingresado no hospital por unha pleurite. Durante a súa ausencia sería reemprazado no baixo polo anitigo membro de Associates e Shelleyan Orphan Roberto Soave.