Fiction Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiction Records

Compañía nai Universal Music Group
Fundado en 1978
Fundador Chris Parry
Estado
Distribuidoras
Xénero(s) indie rock, rock alternativo
País de orixe Reino Unido
Localización
Web oficial http://www.fictionrecords.co.uk

Fiction Records é un selo discográfico británico fundado en 1978 por Chris Parry e coñecido sobre todo por ser a discográfica que editou os traballos de The Cure durante 20 anos. Fundouse como un selo independente pero na actualidade pertence a Polydor, unha subsidiaria do Universal Music Group.

Historia[editar | editar a fonte]

O selo foi fundado en 1978 por Chris Parry, antiguo manager de Polydor, para acoller a uns The Cure por aquel entón descoñecidos. O primeio álbum que editaron xuntos foi Three Imaginary Boys. A discográfica lanzou no Reino Unido todos os traballos da banda dende ese intre ata o ano 2000, cando, tras a edición de Bloodflowers, Robert Smith decidiu rescindir o contrato para asinar con Geffen Records. Porén, despois Fiction lanzaría o recompilatorio Greatest Hits en novembre do 2001 e o box set Join the Dots: B-Sides and Rarities, 1978-2001 en xaneiro do 2004.

Durante esta época, o selo editou a otros grupos notables do underground británico, como Eat e The Associates.

Tras permanecer inactiva durante algúns anos pola perda de The Cure, o selo foi reactivado no 2004 por Joe Munns, Paul Smernicki e Jim Chancellor, formalmente como un selo dentro de Polydor.

O primeiro lanzamiento da nova etapa foi o sinxelo "Run", da banda Snow Patrol, que entrou nas listas británicas no quinto posto, e o álbum Final Straw, que vendeu máis de 2 millóns de copias. En maio do 2006, Fiction editou un segundo álbum de Snow Patrol, que se convertiu no primeiro número un da banda. Outros artistas do selo na súa época actual son, entre outros, Ian Brown, Yeah Yeah Yeahs, The Grates, Stephen Fretwell, Humanzi e White Lies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]