Lingua xhosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xhosa
isiXhosa
Falado en: Sudáfrica e Lesoto
Rexións: O Cabo Oriental e Cabo Occidental
Total de falantes: 7,5 millóns (2007)
Familia: Nixero-congolesa
 Atlántico-congolesa
  Benue-congolesa
   Bantoide meridional
    Bantú
     Bantú meridional
      Nguni
       Zunda
        Xhosa
Escrita: Latina (alfabeto xhosa)
Braille xhosa
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Suráfrica Suráfrica
Cimbabue Cimbabue
Códigos de lingua
ISO 639-1: xh
ISO 639-2: xho
ISO 639-3: xho
South Africa 2011 Xhosa speakers proportion map.svg

O xhosa (ou IsiXhosa, a forma simple é normalmente utilizada para denominar aos seus falantes) é unha das 11 linguas oficiais da África do Sur. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países veciños, Botswana e Lesoto.

As consoantes clicantes son unha característica proeminente dos sons desta lingua e mesmo o nome "Xhosa" iníciase cun "clique". No IPA, o nome da lingua é pronunciado aproximadamente como [||hosa].

Estímase que preto do 15% do vocabulario é de orixe Khoisan e mesmo as consoantes clicantes poden ser desa orixe. Existen xornais e programas de radio nesta lingua.

Cartel nun edificio do goberno en tres idiomas afrikaans, inglés e xhosa.

Dialectos: XeAleka, Ndlambe, Gaika (NCqika), Thembu, BomVana, MPondomse (MPondomisi), MPondo, Xesibe.

Clasificación da lingua IsiXhosa: Nixer-Congo, Atlantic-Congo, Volta-Congo, Benue-Congo, Bantoid, Southern, Narrow Bantu, Central, S, Nguni (S.40).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua xhosa.