Lingua afar
| Afar (Qafár af) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Etiopía, Eritrea Xibutí | |
| Rexións: | África | |
| Total de falantes: | 1,5 millóns | |
| Familia: | Afro-asiática cuchítica Afar |
|
| Escrita: | alfabeto latino | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | aa | |
| ISO 639-2: | aar | |
| ISO 639-3: | aar | |
O afar (qafar) é unha lingua cuchítica falada en Etiopía, Eritrea e Xibutí
Índice |
Distribución xeográfica [editar]
Fálase na rexión Afar, situada no leste de Etiopía, no norte e centro de Xibutí (na capital está en regresión), e en Eritrea na provincia do Sur do Mar Vermello.
Falantes [editar]
1.439.000 (2001)
- Etiopía: 979.367
- Xibutí: 300.000
- Eritrea: 160.000
Dialectos [editar]
- Norte
- Centro
- Aussa
- Baadu
Escrita [editar]
En 1814 Henry Salt na súa obra Voyage to Abyssinia, elabora a primeira lista de palabras afar. No século XIX e XX publícanse algúns libros de texto e relixiosos, en escritas baseadas no latín, no árabe e no etíope.
En 1976 Hamad Abdallah (Dimis) e Jemal Abdulkadir Redo da Union pour le Développement Culturel de Xibutí crean o alfabeto afar (Qafar Feera), baseado no alfabeto latino
A literatura actual esta composta principalmente por poesía (na súa maior parte de inspiración relixiosa) e contos inspirados na narrativa oral. Entre os autores destacan Cheikh Ay Farah Diné e Kabir Hamza Mahmoud
Uso social [editar]
O afar é a lingua empregada polos afar, un pobo tradicionalmente nómade, tan só entre os afar de Assab (Eritrea) e Xibuti, capital hai perda lingüística. Nos tres países hai programas de radio en afar, e en Xibutí realízanse informativos de televisión en afar. Na rexión afar de Etiopía o ensino é en afar ata o 4º grao, en Xibutí emprégase o afar só en preescolar