OpenDocument

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OpenDocument (OASIS Open Document Format for Office Applications) é un estandar aberto definido por OASIS que especifica un formato de arquivo baseado en XML que permite almacenar datos de aplicacións de oficina.

Motivacións[editar | editar a fonte]

Unha das causas e tamén consecuencia da estrutura monopolística do mercado informático que se consolidou durante os anos 90 son as trabas para intercambiar datos entre aplicacións de diferentes proveedores inda que estas sexan do mesmo tipo. As grandes empresas creadoras de software fomentan estas incompatibilidades para producir o síndrome de cliente cautivo: Os gastos necesarios para implantar unha nova tecnoloxía son maiores que os beneficios que poda proveer devido á necesidade de realizar unha custosa migración de datos ao novo sistema. Este síndrome do cliente cautivo minimiza a competencia e retrasa o avanzo da tecnoloxía.

A extensión das redes WAN como Internet a finais dos anos 90 agravou os problemas de incompatibilidade xa que limitaban as posibilidades de comunicación entre organizacións diferentes que moitas veces contaban con solucións de software heteroxéneas. Unha das primeiras solucións a este problema foi a homoxenización dos produtos informáticos, decantandose a maioría por un provedor concreto que se considerou o estandar de facto, feito que agravou inda máis os problemas de competencia no mercado das solucións de software.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]