Scribus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla do programa Scribus.

Scribus é un programa de código aberto para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora. Scribus está dispoñíbel en versións nativas para GNU/Linux, Unix, Mac OS X e Windows e brinda capacidades para o deseño e diagramación, similares ás ofrecidas por programas comerciais como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign.

Características [editar]

A aplicación está deseñada para dar flexibilidade no deseño e a composición, ofrecendo a capacidade de preparar ficheiro para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en PDF e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse pequenos xornais, folletos, boletíns de noticias, afiches e libros.

Scribus soporta a maioría dos principais formatos gráficos ademais de SVG. As súas características profesionais para fontes e imaxes inclúen manexo de cor CMYK e administración de cor ICC. Foi desenvolvido mediante scripting usando Python e está dispoñible en máis de 24 idiomas.

A impresión realízase mediante os seus propios controladores internos de PostScript Nivel 3, incluíndo soporte para fontes incrustadas e axustes con fontes TrueType, Tipo 1 e OpenType. O controlador interno soporta plenamente construcións de PostScript Nivel 2 e un gran subconxunto de construcións de Nivel 3.

O soporte PDF inclúe transparencia, cifrado e un gran conxunto das especificacións de PDF 1.4 así como PDF/X3, incluíndo campos interactivos de formularios PDF, notas e marcas.

O formato dos seus ficheiro está baseado en XML e está totalmente documentado. Pódense importar textos de documentos OpenDocument, como RTF, Doc de Microsoft Word, e HTML (aínda que con algunhas limitacións).

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]