León Felipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
León Felipe
León Felipe.JPG
Estatua de León Felipe na súa localidade natal
Datos persoais
Nacemento 11 de abril de 1884
Lugar Tábara, Zamora
Falecemento 18 de setembro de 1968
Lugar Cidade de México
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Irene Lambarri
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Felipe Camino Galicia de la Rosa, coñecido como León Felipe, nado en Tábara, Zamora, o 11 de abril de 1884 e finado na Cidade de México o 18 de setembro de 1968, foi un poeta español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras licenciarse como farmacéutico, abandonou a senda tranquila e burguesa, se acaso a tivera, e iniciou a de camiñante dunha vida chea de peripecias: a rexencia de varias farmacias en vilas de España (Santander, Balmaseda e vilas de Castela), recorrendo á vez o país como cómico dunha compañía de teatro; a súa estancia de tres anos no cárcere, convicto de desfalco; a súa unión fracasada ca peruana Irene Lambarri, residindo con ela en Barcelona; a súa vida bohemia na peor das pobrezas cara a 1919 en Madrid, cando iniciaba a súa obra poética; despois, tres anos de estancia en Guinea Ecuatorial traballando como administrador de hospitais; viaxe en 1922 a México, cunha carta de Alfonso Reyes que habería de abrirlle as portas do ambiente intelectual mexicano; traballos de bibliotecario en Veracruz, e de profesor de literatura española na Universidade de Cornell (EUA); matrimonio con Berta Gamboa, tamén profesora; regreso a España ó iniciarse a guerra civil, vivindo como militante republicano ata 1938, cando se exilia definitivamente en México, pasando a ser agregado cultural da embaixada da República española no exilio, única recoñecida entón polo goberno mexicano.

A súa obra adoita asociarse á de Whitman, do que foi tradutor. Comparte con el o ton enérxico, de proclama e arenga case relixiosa, e o impacente canto á liberdade de quen tanto a buscou. Comezou a escribir e publicar tarde, pero trala guerra e co exilio ten unha grande actividade, escribindo de cotío sobre a condición e existencia humana. Grande admirador de Don Quixote, era solitario, camiñante e pesimista.

Trala nada notoria celebración en 2004 do 120 cabodano do seu nacemento, segue habendo partidarios de que se reivindique a León Felipe como un poeta maior —atribúese a Juan Ramón Jiménez o veredicto de que non o é— superando as dificultades que en vida lle depararou a súa independencia de tódalas correntes literarias da época e a súa condición de exiliado.

Poemas seus foron musicados por Paco Ibáñez (Como tú), Joan Manuel Serrat (Vencidos) ou Enrique Morente (El reloj).

Como curiosidade, cabe destacar que as súas últimas obras foron editadas por Alexandre de Fisterra a través da Editorial Finisterre Impresora, da que era presidente e fundador. Posteriormente, ademais de no seu editor, convertiuse no seu testamenteiro.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Versos y oraciones del caminante (1920).
  • Versos y oraciones del caminante (libro II, 1930).
  • Drop a Star (1933).
  • La insignia (1936).
  • El payaso de las bofetadas y el pescador de caña (1938).
  • El hacha (1939).
  • Español del éxodo y del llanto (1939).
  • El gran responsable (1940).
  • Los lagartos (1941).
  • Ganarás la luz (1943).
  • Llamadme publicano (1950). publicadas baixo este título por imposición do editor (Almendros y Cia. Editores, S.A., México), pois o autor titulárao Versos y Blasfemias del caminante
  • El ciervo (1958).
  • Cuatro poemas con epígrafe y colofón (1958).
  • ¡Oh, este viejo y roto violín! (1968).
  • Versos del merolico o del sacamuelas (1967)
  • Carta a mi hermana Salud (1968)
  • Rocinante(1969)
  • Israel (discurso poemático) (1970)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • La Manzana (1951).
  • Macbeth o el asesino del sueño (1954).
  • El Juglarón (1961).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]