AMI Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Christchurch, Nova Zelandia |
| Inauguración | 1881 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 36.000 |
| Localía | Crusaders (Super Rugby) Canterbury RFU (ITM Cup) |
| Eventos | |
O AMI Stadium é un recinto deportivo da cidade de Christchurch, na Illa Sur de Nova Zelandia, que se adica principalmente á práctica de rugby e cricket. Inaugurado en 1881, o estadio recibiu o nome de Lancaster Park entre 1881 e 1998, e o nome de Jade Stadium entre 1998 e 2007. O nome actual débese a un patrocinador.
Trátase dun dos estadios mais senlleiros dentro do mundo rugbístico, xa que acolle os encontros que disputa como local o equipo dos Crusaders (o equipo máis laureado do mundo dende a profesionalización de este deporte en 1995), así como moitos encontros dos All Blacks, tanto amigables como do torneo Tri Nations. Neste estadio téñense disputado 4 finais do torneo Super Rugby, nos anos 2002, 2005, 2006 e 2008.
En 2011 estaba previsto que o estadio acollese varios dos encontros da Copa do Mundo de Rugby, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3º na escala de Richter sacudíu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Actualmente está sendo reconstruido.