Konstantin Tsiolkovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Konstantin Tsiolkovsky
Tsiolkovsky.jpg
Konstantín Tsiolkovsky
Nacemento 17 de setembro de 1857
Izhevskoe
Morte 19 de setembro de 1935
Kaluga
Nacionalidade Rusia Rusia
Flag of the Soviet Union.svgURSS
Campo Astronáutica
Coñecido por Ecuación do foguete de Tsiolkovsky

Konstantin Eduardovich Tsiolkovsky (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado o 17 de setembro de 1857 no pobo de Izhevskoe, na provincia de Ryazán, e finado o 19 de setembro de 1935 en Kaluga, é un científico ruso. É pioneiro na teoría da Astronáutica, impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras mais tarde inspiraron aos principais enxeñeiros de foguetes coma Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.

Índice

Traxectoria [editar]

Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre prodúciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, que o imposibilitou o resto da súa vida.

Aos 16 anos trasladase a Moscova onde aprende por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.

En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, permitíndolle comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento mais grande.

Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.

É considerando o pai dos vos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]

Con 22 anos o Ministerio otorgoulle unnha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.

Publicacións científicas [editar]

Proxecto da primeira nave espacial por Konstantin Tsiolkovsky.

As súas primeiras publicacións, como O problema de voar por medios de ás (1890-1891), trataban sobre aviación.

Gradualmente Tsiolkovskiy foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Gryozy o zemie i Nebe (Soños da Terra e do Ceo) publicado en 1895, o ano seguinte publicou un artigo de como comunicarse con seres de outro planeta.

En 1891 publicou investigación do espazo por medio de motores de reacción definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskiy describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais, finalmente publicouno en 1903.

Estableceu a relación de masas dos cohetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de cohetes segmentados, aceptado universalmente, e a sustitución do combustibel sólido da época por propergol líquido, de maior rendimento.

A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que trataban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, diseño estacións espaciais orbitais ou propoñer viaxes interplanetarios.


Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]