Da terra á lúa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Da terra a Lúa | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Da terra a Lúa[1] é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1865. A obra, que comeza como unha sátira do estereotipo estadounidense da época, é un intento de describir por primeira vez con minuciosidade científica, os problemas que hai que atallar para lograr enviar un obxecto á Lúa.
Un intrépido proxecto aviva os corazóns dos membros do Gun-Club. Trátase de enviar á Lúa un proxectil que, auxiliado polo monstruoso canón Columbiad, fará a función dunha auténtica nave espacial para facer realidade no século XIX un vello soño: atravesar o espazo e descubrir un mundo lunar ata entón descoñecido.
Notas [editar]
- ↑ Publicada en galego por Edicións do Cumio en 1988. ISBN 978-84-87126-00-0.