Aguirre, der Zorn Gottes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aguirre, der Zorn Gottes (en galego Aguirre, a ira de Deus, en alemán Der Zorn Gottes) é unha película de 1972 do cineasta alemán Werner Herzog. Está protagonizada polo actor da mesma nacionalidade Klaus Kinski é considerada como unha das xoias do cine alemá.

O filme narra a viaxe do conquistador español Lope de Aguirre pola cunca do río Amazonas en busca da cidade douro dos incas coñecida como Eldorado, O Dourado.

A historia está baseada na figura histórica de Aguirre e en documentos da época (como o diario de viaxe de Gaspar de Carvajal) elementos con que Herzog e Kinski reconstrúen a época da chegada dos europeos a América.

A música orixinal, toda executada con mellotron e guitarra eléctrica corresponde á agrupación de rock progresivo Popol Vuh.