Judit Farrés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Igualada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Institut del Teatre Conservatorio Superior de Música do Liceo |
Actividade | |
Ocupación | actriz , arranxadora , compositora , disc-jóckey |
Lingua | Lingua castelá |
Judit Farrés, nada en Igualada en 1974, é unha actriz e DJ catalá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou interpretación no Institut del Teatre de Barcelona, e titulouse en grao medio no Conservatori de Música Superior do Liceo de Barcelona. Recibiu unha bolsa do Institut del Teatre para asistir á Scuola Europea per l’Arte de l’Autore de San Miniato (Italia).
Como actriz traballou na obra Fashion Feeling Music, dirixida por Josep Maria Mestres, e tamén como DJ en La llum no es veu en els carrers pels carrers de Bàsquiat, da compañía Lanònima Imperial, con dirección de Xavier Albertí e Bebeto Cidra. Traballou tamén baixo a dirección de Pep Anton Muñoz, Luca Valentino, Joan Castells e Àngel Llàcer. Participou en montaxes do Teatre Lliure Titus Andrònic, con dirección de Àlex Rigola, co que traballou tamén en Cancionero de palacio, estreada no Festival Castell de Perelada.
A partir de 2004 centrouse na elaboración de bandas sonoras e espazos sonoros para espectáculos, como El virus (dirixido por David Selvas), Teatre per a minuts (Jorge Raedó), Ariadna (Xavi Sabata), ou Pell (Olga Tragant). En solitario presentou o espectáculo La huelga, onde toca en directo a súa banda sonora da película de Sergei Eisenstein Стачка (1924).
Colaborou con Albert Pla no disco Cançons d'amor i droga (2003), con posta en escena dirixida por Àlex Rigola. En 2006 preparou a banda sonora do espectáculo de Pla El malo de la película, e colaborou no seu disco Vida y milagros[1].
En 2015 actuou xunto a Mireia Trias na obra Confidències a Al·là, adaptación da novela de Saphia Azzeddine feita pola directora Magda Puyo[2]
Colaborou coa poeta Ajo, con quen actuou na Cidade da Cultura de Galicia[3].
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Estació d'enllaç (1994)
- El cor de la ciutat (2000)
- Murieron por encima de sus posibilidades (2014)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Concert d'Albert Pla: "Vida y milagros", Teatre Lliure, 2007.
- ↑ "Judit Farrés: «les dones occidentals també tenim valors podrits»", Anoia Diari, 13 de marzo de 2015 (en catalán).
- ↑ "Vive a maxia do lusco e fusco coa micropoesía de Ajo e o pop de Dejavú", na web da Cidade da Cultura, 28 de xullo de 2011.