Cançons d'amor i droga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cançons d'amor i droga
Álbum de Albert Pla
Publicado2003
Estudio(s)Musiclan
Selo(s)BMG
Producido porAlbert Pla

Cançons d'amor i droga é un dobre disco de Albert Pla do ano 2003.

Características[editar | editar a fonte]

Letras[editar | editar a fonte]

Está composto por un disco con 19 temas (Pla es fa el Sales) escritos por Pepe Sales (coa maioría das letras en catalán), e outro cd (Un regalito para Espanya. Pla se hace el Sales) con 12 temas, a maioría deles xa incluídos no primeiro disco pero desta volta cantados en castelán.

A temática dos textos inclúe o sexo, tanto homo como heterosexual, a drogadicción, a saúde e a enfermidade, a liberdade e a reclusión no cárcere, ou o amor e o desamor. Son narracións da vida real da Barcelona pre-olímpica, estando presentes os bares suburbiais, traballadores de matadoiros, o gol de Koeman fronte á Sampdoria na final da Copa de Europa de 1992, ou a SIDA.

Música[editar | editar a fonte]

Musicalmente é moi variada. Moitas das letras xa estaban musicadas por Sales, e outras foron compostas por Albert Pla e mesmo por Judit Farrés, Quimi Portet e Lulú Martorell. No disco tamén colaboran músicos como Min (loops, scratches, clarinete, voz e arranxos), Quimi Portet (guitarra, baixo e arranxos), Antonio Fidel (baixo, guitarra, voz), Juan Carlos García (batería, percusión, voz), Diego Cortés (guitarra española), Gerard Quintana (voz) ou Roberto Iniesta (voz).

Destaca a presenza en moitos temas guitarra eléctrica, xa distorsionada, xa melancólica. Acompáñana bases electrónicas, e por veces mesmo clarinetes, cellos e efectos múltiples. O tema "Moro, moro", e a súa correspondente en castelán "Nueva York", usan a base musical da canción "Superfreaky Memories" do grupo Luna, incluída no disco The Days of Our Nights (1999).

Hai temas moi lentos, nas que a música acompaña á tristeza ("Nocturn", "Home con cal"...). Pero outros son máis alegres, como "Era Perkins" (rumba catalá con Diego Cortés), ou "Joan Pere". Hainas tamén desgarradoras, coma "Cristo de les farmàcies", unha auténtica súplica inquedante, ou con momentos eclécticos, coma o retrouso de "Poble de stars" (colaborando Robe na versión castelá).

Judit Farrés non só fai de dj, metendo as bases e facendo scratches, senón tamén arranxando a maioría dos temas e mesmo tocando o clarinete. Escóitase nun tema a voz do propio Sales. Unha voz moi grave e dura, aínda pouco castigada.

Presentación[editar | editar a fonte]

A presentación en directo da xira deste disco foi moi espectacular e cunha forte carga teatral. Albert ía vestido cunha funda de traballador e coa súa guitarra, e Judit ía espida ou vestida cunha funda similar, ambos baixo unha gran cruz verde de farmacia. Correndo polo escenario, ou sentado nunha randeeira ou nunha cadeira, había moita ruptura da cuarta parede e dirixíase decote ó público.

Entre os lugares onde se presentou estivo o Pazo da Cultura de Pontevedra[1].

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  • Cançons d'amor i droga
  1. "Alexandre el Gran"
  2. "El bosc"
  3. "Virgo vamp"
  4. "Pintada de nit"
  5. "Home com cal"
  6. "Joan Pere"
  7. "Lefa'm"
  8. "Meritxell"
  9. "Poble de stars"
  10. "Cristo de les farmàcies"
  11. "Nocturn"
  12. "Cami blanc"
  13. "Era Perkins"
  14. "Vallclara"
  15. "Sicamore tree"
  16. "Tres acords contra la sida"
  17. "Gos blus"
  18. "Quando corpus morietur"
  19. "Moro, moro"
  • Un regalito para Espanya
  1. "Un mal paso por Tirso"
  2. "Viva Espanya"
  3. "San Cristo de las farmacias"
  4. "Mi camello"
  5. "Un as en la manga"
  6. "Era Perkins"
  7. "Libre"
  8. "Espalda rota"
  9. "Lefa"
  10. "Adelaida"
  11. "Miseria"
  12. "Nueva York"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cancións de amor e droga"[Ligazón morta], nova en Vieiros, 1 de abril de 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]