Juan de Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escorial

Juan de Herrera (Mobellán (Cantabria), 1530Madrid, 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, renacentista español, denominado estilo herreriano.

Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación en El Escorial, aínda que tamén é o responsable da Catedral de Valladolid. Comenzou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el o que dirixiu os labores ata que se concluiu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen transfondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa


O estilo herreriano[editar | editar a fonte]

Lamase estilo herreriano o estilo das arquitecturas de España das primeiras desacadas do século XVII, aquelas que se inspiran da obra de Juan de Herrera. En Galicia atopanse exemplos como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos.