Paz Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paz Vega
Paz Vega 3.jpg
Paz Vega.
Nacemento Paz Campos Trigo
2 de xaneiro de 1976 (39 anos)
Sevilla, Andalucía, España España
Profesión Actriz e modelo (1997–presente)
Cónxuxe(s) Orson Salazar (2002 - actualidade)
Fillo(s) Orson (2007)
Ava (2009)
Lenon (2010)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Paz Campos Trigo, máis coñecida polo seu nome artístico Paz Vega, é unha actriz española nada en Sevilla o 2 de xaneiro de 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paz Campos Trigo toma o seu apelido artístico, Vega, da súa avoa. Comenzou estudos de Ciencias da Información, pero decidiu abandonalos e trasladarse a Madrid para dedicarse á interpretación.

Os seus primeiros traballos conségueos en series de televisión. O seu primeiro papel foi en Más que amigos, para Telecinco, onde deu vida ó personaxe de Olga no ano 1997. Un ano máis tarde entraría a formar parte do reparto de Compañeros, onde interpretou á profesora Luz durante só unha temporada, abandonando esta produción de Antena 3 para volver a Telecinco e ser unha das protagonistas de Siete Vidas, a serie que verdadeiramente a lanzou á fama co papel de Laura.

O seu primeiro papel importante en cine sería o de Lucía, protagonista en Lucía y el sexo (2001) de Julio Medem. No mesmo ano protagoniza xunto a Sergi López Sólo mía de Javier Balaguer, unha cinta que trata o tema do maltrato á muller. Foi candidata ós Premios Goya do ano 2002 por ambas interpretacións, obtendo o premio á mellor actriz revelación polo seu traballo ás ordes de Medem.

En 2002 tivo unha breve participación en Hable con ella de Pedro Almodóvar, ademais de ser unha das protagonistas de El otro lado de la cama de Emilio Martínez Lázaro, a película española de máis éxito dese ano segundo FilmAffinity.[1] Casou con Orson Salazar co que ten tres fillos.

En 2003 protagonizou xunto a Leonardo Sbaraglia Carmen de Vicente Aranda, baseada na novela de Prosper Mérimée. En 2004 rodou en Estados Unidos Spanglish, dirixida por James L. Brooks, e tamén a produción española Di que sí xunto a Santi Millán.

En 2006 aparece nun vídeo musical de Alejandro Sanz titulado A la primera persona. Nese ano interpreta a Caterina Sforza no filme Los Borgia dirixida por Antonio Hernández, e pouco despois protagoniza La masseria delle allodole, dirixida polos irmáns Taviani.

En novembro de 2007 participa no filme de acción estadounidense The Spirit, xunto con Eva Mendes, Samuel L. Jackson e Scarlett Johansson. O 30 de maio de 2008 recibiu a medalla da cidade de Sevilla, [2][3] e en outubro de 2008 comezou a traballar na serie de televisión LEX, protagonizada polo seu antigo compañeiro en Siete vidas, Javier Cámara.

En 2009 seguiu desenvolvendo a súa traxectoria internacional co filme Triage, onde comparte cartel con Colin Farrell e Christopher Lee. O 23 de maio de 2010 recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Sevilla.

En 2012 deu a súa voz para o filme de animación Madagascar 3: Europe's Most Wanted e deu por finalizada a rodaxe de Los amantes pasajeros, de Pedro Almodóvar. Recentemente interpretou a Maria Callas no filme Grace of Monaco xunto a Nicole Kidman, quen encarnou a Grace Kelly.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1997 Más allá del jardín
1998 Perdón, perdón María
1999 Zapping Elvira
Sobreviviré Azafata
2000 Nadie conoce a nadie Ariadna
El chico en la puerta Curtametraxe
2001 Lucía y el sexo Lucía
Sólo mía Angela
2002 Hable con ella Amparo
El otro lado de la cama Sonia
Novo Isabelle
2003 Carmen Carmen
2004 Di que sí Estrella Cuevas
Spanglish Flor Moreno
2006 10 Items or Less Scarlet
Los Borgia Caterina Sforza
Fade to Black Lea Padovani
2007 Teresa, el cuerpo de Cristo Tareixa de Xesús
La Masseria Delle Allodole Nunik
2008 The Human Contract Michael
The Spirit
2009 Not Forgotten Amaya
The Six Wives of Henry Lefay Verónica
Triage Elena Morales
Burning Palms Blanca Juárez
Wanted: Weapons of Fate Araña Videoxogo
2010 Castro's Daughter Alina Fernández
2011 The Flower of Evil Antonella D'Agostino
Cat Run Cat
2012 Madagascar 3: Europe's Most Wanted Esmeralda, Esperanza e Ernestina Voz
María de Nazaret María Madalena
2013 Los amantes pasajeros Alba
2014 Grace of Monaco Maria Callas
Não Pare na Pista - A Melhor História de Paulo Coelho Luiza
Kill the Messenger Coral Baca
2015 Beautiful & Twisted Narcy Novak

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paz Vega Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]