Adolfo Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Adolfo Suárez González")
Adolfo Suárez González
Adolfo Suárez

Escudo de España (1977-1981).svg
73.o Presidente do Goberno de España
2.º da Transición (1975-1977)

1.er período da Constitución de 1978
3 de xullo de 1976 – 25 de febreiro de 1981
Monarca Juan Carlos I
Precedido por Carlos Arias Navarro
Sucedido por Leopoldo Calvo-Sotelo

11 de decembro de 1975 – 3 de xullo de 1976
Precedido por José Solís Ruiz
Sucedido por Ignacio García López

28 de outubro de 1982 – 26 de maio de 1991

Datos persoais
Nacemento 25 de setembro de 1932
Cebreros (Provincia de Ávila) Flag of Spain (1931 - 1939).svg España
Falecemento 23 de marzo de 2014 (81 anos) [1]
Madrid España España
Partido FET de las JONS, UCD e CDS
Cónxuxe Amparo Illana Elórtegui
Profesión Avogado, político

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014[1], foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cebreros (Ávila), onde o seu pai, Hipólito Suárez, que era un procurador coruñés, fora represaliado pola súa militancia republicana. Adolfo Suárez pasaba os veráns con regularidade na súa casa familiar da Coruña. Durante unha estadía prolongada na cidade, chegou a probar como xogador no Deportivo da Coruña. Esta filiación coa cidade coruñesa e co clube de fútbol mantívoa toda a súa vida.[2]

Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en 1958, pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en 1961, a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en 1967 e gobernador civil de Segovia en 1968. En 1969 é designado Director Xeral de Radio-Televisión Española, permanecendo no cargo até 1973.

O 11 de decembro de 1975 foi nomeado Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno de Carlos Arias Navarro. Cando en xullo de 1976 o Rei Xoán Carlos I lle encargou a formación de goberno, Suárez era un descoñecido para a maioría do pobo. Para comezar o desmantelamento franquista, confeccionou un grupo de políticos de diferentes ideoloxías: falanxistas "conversos", socialdemócratas, liberais, democristiáns, etc. Nesta tarefa contou coa axuda de Torcuato Fernández Miranda, que logrou a autoliquidación das Cortes franquistas e sacar adiante a Lei de Reforma Política.

O 15 de xuño de 1977 celebráronse as eleccións xerais de 1977, as primeiras democráticas en España dende 1936. Adolfo Suárez resultou vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD (Unión de Centro Democrático). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Constitución de 1978 que sairía a referendo popular o 6 de decembro.

O 3 de marzo de 1979 tiveron lugar as eleccións xerais de 1979, que volveu gañar UCD, iniciando Suárez o seu terceiro mandato. Esta etapa estivo chea de dificultades políticas, sociais e económicas, que o levaron a presentar a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Na mensaxe ao país dixo:

Eu non quero que o sistema democrático de convivencia sexa, unha vez máis, unha paréntese na Historia de España

Pouco despois de dimitir creou con outros ex dirixentes da UCD o partido Centro Demorático y Social (CDS), co que se presentou as eleccións do 28 de outubro de 1982, sendo elixido deputado por Madrid. Revalidou o escano nas eleccións seguintes até que en 1991 dimitiu como dirixente do CDS.

En 1996 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias da Concordia pola súa importante contribución á transición española e á democracia, da que se lle considera o grande artífice.

O fillo de Adolfo Suárez, Adolfo, fixo público nun programa de Televisión Española que o ex-presidente sufría Alzheimer dende había anos, polo que nin se lembraba de que fora Presidente do Goberno e que non coñecía a ninguén.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfo Suárez Modificar a ligazón no Wikidata


Predecesor:
Jesús Aparicio-Bernal
Logo RTVE (1991-2008).svg
Director Xeral de Radiodifusión e Televisión de España

1969-1973
Sucesor:
Rafael Orbe Cano
Predecesor:
José Solís Ruiz
Bandera FE JONS.svg
Ministro Secretario Xeral do Movemento de España

1975-1976
Sucesor:
Ignacio García López
Predecesor:
Carlos Arias Navarro
Escudo de España (1977-1981).svg
Presidente do Goberno de España

1976-1981
Sucesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo