José Randolfe Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Randolfe Vilariño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Carballedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Randolfe Vilariño, nado en Quintá do Monte (Pradeda, Carballedo) o 25 de xaneiro de 1960, é un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1984 e 1989 estudou Artes Aplicadas, especialidade de esmalte, na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou viaxes de formación a París e Florencia e tamén fixo estudos de Xeografía e Historia e de Enxeñería Técnica Forestal.[1] A súa pintura é froito dunha ampla mestizaxe, na que se atopan contribucións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop etc... Tamén realizou incursións na escultura.[2]

Segundo Ramón Rodríguez Porto[3]

A pintura de Randolfe mostra ata os nosos días una complexa traxectoria e una rica variedade de rexistros e matices unha obra que se caracteriza pola súa forza expresionista, a tensión expresiva o forte vitalismo,a preocupación pola figura humán, a tensión dramática, o sentido esperpéntico. Sin esquecer esa oscilación que vai do humor, o sarcasmo, o xogo, o misterio a inquietude, o sentido arcano, telúrico ou social.

Xosé Randolfe Vilariño é gandeiro, foi concelleiro do PSOE en Carballedo e tamén Secretario Xeral de Unións Agrarias no Sur de Lugo.[4]

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[5]


Exposicións[editar | editar a fonte]

  • En 1987 participou como convidado na Bienal de Esmalte de Limoges (Francia) na sección de novas tendencias na arte do esmalte (fóra de concurso).
  • En 1989 participou en Artistas en Compostela, Casa da Conga, Sala de Exposicións da Universidade de Santiago de Compostela
  • En 2000, Olladas, exposición itinerante da Consellería de Cultura nas catro capitais galegas
  • En 2010, Traballos de outono no Saviñao, Lugo [6]
  • En 2010, Pinturas de Randolfe Vilariño, Casa da Cultura de Chantada
  • En 2013, participa na exposición colectiva Creacións interiores: artistas da Ribeira Sacra, no Centro do Viño de Monforte de Lemos [7]
  • En 2014, exposición na Galería Tony Ferrer de Ourense [8]
  • En 2017, Escolma, Museo Provincial de Lugo:
  • En 2018, Última obra, Círculo do Saviñao
  • En 2023, Última obra, Círculo do Saviñao (novos cadros de 2022 e 2023) -En Escairón-

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Randolfe Vilariño". Galicia Digital. Consultado o 14/09/2017. 
  2. "Historia". Concello de Carballedo. Consultado o 14/09/2017. 
  3. Rodríguez Porto, Ramón. "O expresionismo de Pepe Randolfe". www.galiciadigital.com. Consultado o 2023-08-18. 
  4. "Concejal José Randolfe Vilariño…". La Voz de Galicia. Consultado o 14/09/2017. 
  5. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25. 
  6. "Vida Social". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 14/09/2017. 
  7. "Exposición de artistas de A Ribeira Sacra en el Centro del Vino de Monforte". Monforte de Lemos-Ribeira Sacra. Consultado o 14/09/2017. 
  8. "Randolfe Vilariño leva a súa cor …". Televinte Chantada. Consultado o 14/09/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]