José Ignacio Bugarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ignacio Bugarín
Nome orixinal(es) José Ignacio Bugarín Pereira Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro , adestrador de remo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992rowing at the 1992 Summer Olympics – men's coxed pair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: jose-ignacio-bugarin-pereira Editar o valor em Wikidata

José Ignacio Bugarín Pereira, nado en Tui o 10 de marzo de 1968, é un ex remeiro galego. Foi varias veces campión de España, unha vez subcampión do mundo e competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi remeiro do Club Remo do Miño e comezou a destacar nos anos 80, proclamándose subcampión de España cadete en 1984 e dúas veces campión de España xuvenil en 1986, nas modalidades de dous con temoneiro e dous sen temoneiro.[1][2] [3]

En 1990 proclamouse subcampión do mundo de dous con temoneiro, no campionato celebrado no Lago Barrington de Tasmania, onde participou xunto ao vasco Ibon Urbieta e co cántabro Gabriel de Marco como patrón, quedando por detrás da embarcación italiana e por diante da iugoslava.[4] En 1992 participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona, na mesma modalidade e de novo con Urbieta como compañeiro, mais esta vez co donostiarra Javier Cano como temoneiro. O equipo logrou meterse nas semifinais, pero non na final, quedando co 12º posto.[5]

En 1993 proclamouse campión de España absoluto por primeira vez, en dous con temoneiro, xunto a Jacobo Moroño e con Ardal como patrón. Ao ano seguinte foi campión no dobre scull, xunto a Miguel Ángel Álvarez. En 2001, en Banyoles, logrou o seu terceiro título nacional, esta vez no catro scull.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2012 o concello de Tui deulle a unha das súas rúas o nome de Rúa Olímpicos Tudenses, en recoñecemento aos deportistas da vila que participaron nos Xogos Olímpicos, como Bugarín, Enrique Míguez, Pedro Areal ou Frank Casañas.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Campionatos de España cadete" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. "Campionatos de España xuvenil" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. "Casi tres mil federados en la comunidad". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 1990. p. 36. 
  4. "El tudense Ignacio Bugarin se proclamó subcampeón del mundo en dos con timonel". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1990. p. 48. 
  5. "Remo nos Xogos Olímpicos de 1992". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  6. "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  7. "Tui dedica una calle junto a la ribera del río Miño a sus deportistas olímpicos". Faro de Vigo (en castelán). 16 de novembro de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]