John Riseley-Prichard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Riseley-Prichard
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Hereford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1993 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Tailandia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza relacionada coa SIDA Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Rob Walker Racing Team Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

John Henry Augustin Prichard, máis tarde Riseley-Prichard, nado en Hereford o 17 de xaneiro de 1924 e finado en Tailandia o 8 de xullo de 1993[1], foi un corretor de seguros británico e piloto de carreiras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de coller o gusto polas carreiras nun Riley de estrada, comprou un Connaught Type A de segunda man ao Rob Walker Racing Team. Usando este vehículo, participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1954 o 17 de xullo de 1954. Trompeou e retirouse da carreira, sen lograr puntos de campionato. Ademais disto, compitiu nunha serie de carreiras de Fórmula Un fora do campionato e carreiras de Fórmula Libre, incluíndo unha vitoria na I Cornwall MRC Formula 1 Race de 1954.

Riseley-Prichard compartiu un Aston Martin na famosa carreira das 24 Horas de Le Mans de 1955 cun novo Tony Brooks, pero despois do trauma deste evento retirouse da carreira. Máis tarde, ese mesmo ano, deixou que Brooks tomara o volante do seu Connaught, dando á futura estrela de Vanwall e Ferrari a súa primeira grande oportunidade.[2]

Máis tarde na vida, John Riseley-Prichard converteuse no centro dun escándalo de pornografía infantil e emigrou a Tailandia. Logo dunha longa enfermidade, morreu en Baan Kai Thuan, unha aldea interior remota aproximadamente a 200 km de Bangkok.[1][2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 RRC Walker Racing Team Connaught A Type Lea-Francis
4 en liña
ARX 500 BEL FRA GBR
Ret
[[Gran Premio de Alemaña de 1954|ALE] SUI ITA ESP NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now? John Riseley-Prichard". OldRacingCars.com. Consultado o 29 de xullo de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Williamson, Martin (novembro de 2009). "JOHN RISELEY-PRICHARD Great Britain". espn.co.uk. Consultado o 26 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]