Jennifer Lawrence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jennifer Lawrence
Jennifer Lawrence SDCC 2013 X-Men.jpg
Jennifer Lawrence en xullo de 2013.
Nacemento Jennifer Shrader Lawrence
15 de agosto de 1990 (24 anos)
Louisville, Kentucky, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
(2006-presente)
Ficha na IMDb

Jennifer Shrader Lawrence, nada o 15 de agosto de 1990 en Louisville, Kentucky, é unha actriz estadounidense de cinema e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo a máis pequena de tres irmáns, o seu interese pola interpretación comezou cando era moi pequena. Na súa nenez tamén tivo interese polos deportes. Cando tiña 14 anos fixo unha viaxe a Nova York que cambiou a súa vida. Uns axentes quedaron impresionados coa rapariga cando lle fixeron unha proba para un pequeno papel. Dicían que nunca viran unha leCtura en frío tan ben feita polo que aconsellaron aos pais a que pasara un verán facendo unha curso de interpretación. Graduouse en secundaria dous anos antes do normal co fin de comezar canto antes co seu traballo como actriz.

Carreira artística[editar | editar a fonte]

2006-2008: comezos na televisión e o cine independente[editar | editar a fonte]

Os seus comezos caracterizaronse polas espontaneas aparicións nas series de televisión, sendo a maioria series de moito éxito en audencia e que aínda son recordadas a día de hoxe polo público. Estas series eran: Monk, Caso aberto ou Medium. No 2007 obtivo o seu primeiro papel importante, un dos papeis do reparto como protagonista da comedia The Bill Engvall Show, serie que estivo en emisión durante dous anos e na cal a presencia de Jennifer mantivose durante trinta capíulos. A serie rematou cando o seu productor, Troni Mcburger, decidiu orientar os seus intereses noutros proxectos.

Lawrence meteuse no mundo do cine en 2008, interpretando papeis estelares de corte independente como The Poker House, no cal actuou con Selma Clair. Ela interpretaba a unha rapaza nova que era victima do maltrato e de abusos; Garden Party, proxectos que pasaron desapercibidos para o público. Tras a realización de varios proxectos sen moito éxito, Jennifer volveu probar sorte no cine independente no largometraxe Lejos de la tierra quemada, na cal compartiu créditos con grandes estrelas de cine como Charlize Teromn e Kim Basinger. Ela interpretaba a Mariana, unha adolescente maracada pola morte da súa nai. A película tivo malas críticas e non lle foi ben nas taquillas, porén a interpretación da actriz tivo comentarios positivos, recibindo así o premio no Festival de Cine de Venecia á mellor actriz revelación.

2009-2010: Winter´s Bone, revelación e primeira nominación aos Oscar[editar | editar a fonte]

Trala boa aceptación recibida por parte da crítica grazas ao seu papel como Mariana, Jenn seguiu probando sorte noutras películas. Entre os proxectos nos cales formou parte destaca o largometraxe da directora Debra Granik, Winter´s Bone, no cal compartía protagonismo con John Hawkes e Garret Dillahunt. Na película, Jenn interpretaba a Ree Dolly, unha moza de 17 años que estaba a cargo da suá empobrecida familia e que se veu obrigada a emprender un perigoso camiño para atopar ao seu pai e evitar que a súa familia se quedase na rúa, debido a que o seu pai usou o título da casa para ter liberdade provisional e debía presentarse a un xuizo para conservala. A película foi galardoada con numerosos e prestixiosos premios da crítica cinematográfica e foi considerada como unha das mellores do ano. Asimesmo, Jenn recibiu moitas alabanzas grazas a súa interpretación, facendo así que fora considerada como unha das promesas cinematográficas da súa xeración, recibindo moitos galardons da industria cinematográfica, destacando premios de festivais de gran recoñecemento como Festival de Cine de Detroit e o Festival de Estocolmo e nominacións aos premios Óscar, SAG e Globos de ouro na categoría de mellor actriz protagonista, Para prepararse para este papel, Jenn tivo que aprender a disparar un arma e a cazas animais.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2008 Garden Party Tiff
2008 The Poker House Agnes
2008 The Burning Plain Mariana
2010 Winter's Bone Ree Dolly
2011 Like Crazy Sam
2011 The Beaver Norah
2011 X-Men: First Class Raven Darkholme/Mystique
2012 The Hunger Games Katniss Everdeen
2012 House at the End of the Street Elissa Cassidy
2012 Silver Linings Playbook Tiffany Maxwell Oscar á mellor actriz
2013 Devil You Know Young Zoe
2013 The Hunger Games: Catching Fire Katniss Everdeen
2013 American Hustle Rosalyn Rosenfeld
2014 Serena Serena Pemberton
2014 The Amazing Spider-Man 2 Raven Darkholme / Mística
2014 X-Men: Days of Future Past Raven Darkholme / Mística
2014 Dumb and Dumber To Fraida Felcher Cameo
2014 The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 Katniss Everdeen
2015 The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 Katniss Everdeen
2015 X-Men: Apocalypse Raven Darkholme / Mística

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2006 Monk Mascot 1 episodio: "Mr. Monk and the Big Game"
2007–08 Medium Claire Chase
Allison
2 episodios: "Mother's Little Helper" e "But for the Grace of God"
2007 Cold Case Abby Bradford 1 episodio: "A Dollar, a Dream"
2007–09 The Bill Engvall Show Lauren Pearson 30 episodios

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jennifer Lawrence Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]