Silver Linings Playbook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Silver Linings Playbook
Ficha técnica
Título orixinalSilver Linings Playbook
DirectorDavid O. Russell
ProdutorDonna Gigliotti
Bruce Cohen
Jonathan Gordon
GuiónDavid O. Russell
Baseado enThe Silver Linings Playbook de Matthew Quick
IntérpretesBradley Cooper
Jennifer Lawrence
Robert De Niro
Jacki Weaver
Anupam Kher
Chris Tucker
MúsicaDanny Elfman
FotografíaMasanobu Takayanagi
MontaxeJay Cassidy
Crispin Struthers
EstudioThe Weinstein Company
Mirage Enterprises
DistribuidoraThe Weinstein Company
EstreaFestival de Toronto: 8 de setembro de 2012
16 de novembro de 2012
Duración122 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, drama
Orzamento$21.000.000[2]
Recadación$236.412.453
Na rede
http://www.silverliningsplaybookmovie.com
IMDB: tt1045658 Filmaffinity: 297271 Allocine: 145397 Rottentomatoes: m/silver_linings_playbook Mojo: silverliningsplaybook Allmovie: v548463 TCM: 869349 Metacritic: movie/silver-linings-playbook TV.com: movies/silver-linings-playbook Netlix: 70244164Editar o valor em Wikidata

Silver Linings Playbook é un filme estadounidense escrito e dirixido por David O. Russell que se estreou no 2012.[3] O filme é unha adaptación da novela The Silver Linings Playbook de Matthew Quick. Está protagonizado por Bradley Cooper e Jennifer Lawrence, xunto con Robert De Niro, Jacki Weaver, Chris Tucker, Anupam Kher e Julia Stiles nos papeis de elenco.

Cooper interpreta a Patrick "Pat" Solatano, Jr., un home con desorde bipolar que acaba de saír dun hospital psiquiátrico e volve a casa dos seus pais, interpretados por Robert De Niro e Jacki Weaver. Determinado a recuperar de novo a súa muller, Pat coñece a Tiffany Maxwell, a viúva intepretada por Jennifer Lawrence, que lle ofrece axuda se accede a participar con ela nunha competición de baile. Os dous fanse cada vez máis íntimos a medida que adestran, e Pat, o seu pai, e Tiffany examinan as súas relaciones cos demais, para facer fronte ós seus problemas.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Logo de oito meses nun centro de saúde mental por agredir ó amante da súa muller, Pat (Bradley Cooper) regresa a casa dos seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). Aínda que está decidido a facer todo o posible para recuperar a súa exmuller, a situación cambia cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence), unha rapaza viúva con problemas e mala reputación. Malia a mutua desconfianza inicial, axiña xorde entre eles un estreito vencello que os axudará a atopar o lado bo das cousas.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2012: Oscar: mellor actriz (Jennifer Lawrence). 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2012: Globos de Ouro: Mellor actriz comedia/musical (Lawrence). 4 nomeamentos.
  • 2012: 4 Critics Choice Awards: Mellor comedia, actor, actriz de comedia e elenco. 10 nomeamentos.
  • 2012: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 3 nomeamentos.
  • 2012: Festival de Toronto: Mellor filme (premio do público).
  • 2012: Independent Spirit Awards: Mellor filme, director, guión e actriz.
  • 2012: Premios Gotham: Nomeado a mellor elenco.
  • 2012: Satellite Awards: 5 premios, incluíndo mellor filme e director. 7 nomeamentos.
  • 2012: National Board of Review (NBR): Top 10, mellor actor (Cooper) e guión orixinal.
  • 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz (Jennifer Lawrence).
  • 2012: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano.
  • 2012: Hollywood Film Festival: Director, actor (Cooper) e actor secundario (De Niro) do ano.
  • 2012: Asociación de Críticos de Chicago. 2 nomeamentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Silver Linings Playbook". BBFC. 11 de novembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. Connelly, Brendon (28 de marzo de 2009). "David O. Russell to Direct Silver Linings Playbook". /Film. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  4. Wales, George (2 de agosto de 2011). "Bradley Cooper joining the Silver Linings Playbook?". TotalFilm.com. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Anderton, Ethan (2 de agosto de 2011). "Bradley Cooper Back on Silver Linings Playbook with Robert De Niro". FirstShowing.net. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Fleming, Mike (1 de agosto de 2011). "Bradley Cooper Back In Silver Linings Playbook Talks, Robert DeNiro Too". Deadline.com. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  7. "Jennifer Lawrence to Star in the Silver Linings Playbook". Zimbio.com. 21 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  8. "Silver Linings Playbook Interview – Jennifer Lawrence (2012) Comedy". Youtube.com. 21 de novembro de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2011. 
  9. Kit, Borys (26 de setembro de 2011). "Oscar-Nominated 'Animal Kingdom' Actress in Talks to Join 'Silver Lining Playbook'". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de novembro de 2011. 
  10. Dew, Blake (6 de outubro de 2011). "Julia Stiles Joins David O. Russell's Silver Linings Playbook". WeGotThisCovered.com. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  11. http://temple-news.com/living/people-you-should-know-cheryl-williams/ 8/11/14
  12. Klein, Michael (23 de outubro de 2011). "Bollywood star steps out at Tashan". Philly.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]