Darren Aronofsky
| Darren Aronofsky | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacionalidade | estadounidense |
| Data de nacemento | 12 de febreiro de 1969 |
| Lugar de nacemento | Nova York |
| Filmografía | |
| Películas dirixidas | π (1998) Requiem for a Dream (2000) Below (2002) The Fountain (2006) The Wrestler (2008) Black Swan (2010) RoboCop (2011) |
| Películas guionizadas | π (1998) Requiem for a Dream (2000) Below (2002) The Fountain (2006) |
| Películas producidas | π (1998) Requiem for a Dream (2000) The Fountain (2006) The Wrestler (2008) |
|
|
|
| Ficha en IMDb | |
Darren Aronofsky, nado o 12 de febreiro de 1969 en Brooklyn, Nova York, é un director de cine estadounidense.
Traxectoria [editar]
Despois de concluír o Ensino Medio, foi para a Universidade Harvard estudar cinema, interpretación e animación. Foi autor das curtas 'Supermarket Sweep (1991), Fortune Cookie (1991) e Protozoa (1993). O seu inicio como director de longametraxes foi no ano 1998, cando estreou a súa película Pi. A fita logrou un gran éxito de crítica e público, e obtivo varios galardóns, entre os cales destaca o do Festival de Sundance, que recoñeceu a Aronofsky como mellor director en 1998.
No 2000 estrea Requiem for a dream, baseado na novela homónima de Hubert Selby Jr, que tamén colabora de guionista, e que trata do mundo das drogas. Esta película foi coñecida mundialmente obtendo varios premios, e Ellen Burstyn estivo nominada ao Oscar e ao Globo de Ouro á mellor actriz polo seu traballo neste filme.
O seu seguinte filme foi no 2006, The fountain, que foi candidato ao León de Ouro de Venecia
No ano 2008 presentou The Wrestler, a súa cuarta longametraxe, que obtivo o León de Ouro do Festival de Venecia, e narra a vida Randy Robinson, un antigo campión de loita libre que se encontra na fin da súa vida profesional.