James Matthew Barrie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Matthew Barrie, ca. 1890

James Matthew Barrie, nado en 1860 e finado en 1937, foi un escritor escocés, coñecido por crear o personaxe de Peter Pan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Kirriemuir, Angus o máis novo de nove irmáns. Estudou en Dumfries e en Edimburgo. Traballou como xornalista en Nottingham e Londres (1885).
En 1887 publicou a súa primeira novela, Better Dead, unha historia de misterio e en 1888 obtén o seu primeiro éxito con Auld Licht Idylls.

A produción máis coñecida de Barrie foron as súas obras teatrais, Richard Savage (1891) foi a súa primeira obra de éxito e o personaxe de Peter Pan aparece en Peter Pan, or The Boy Who Wouldn't representada pola primeira vez o 26 de decembro de 1904, aínda que xa falara del en The Little White Bird (1902), onde fala das súas relacións cos nenos da familia Llewellyn Davies, nos que se basea a personaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: James Matthew Barrie