Isabela
| Isabela | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
|
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Puerto Villamil | ||||
| País | Ecuador | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2001) | 1.619 hab. | ||||
| Superficie | 4.588 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 0°45′39″S 91°01′22″W / 0.76083°S 91.02278°W | ||||
| Maior Altura | 1.707 m. Volacán do Lobo | ||||
Isabela é a maior illa do arquipélago das Galápagos, administrada por Ecuador. Ten un área de 4.588 km² e é maior illa das Galápagos.
O seu nome ven da raiña Isabel I que patrocinou a viaxe de Cristobo Colón no que descobriu o Novo Mundo. Seu punto mais elevado é o volcán do lobo cunha altura de 1.707 m. A forma da illa é o produto da fusión de vários grandes volcáns, con case 2.000 m de altitude, nunha única illa.
Na illa podense observar as tartarugas do arquipélago. É rica en biodiversidade: perto da costa vense gran variedade de aves mariñas, como pingüíns, petréis, corvos mariños, falcóns das galápagos, pombas das galápagos, e pelicanos, iguanas mariñas, tartarugas, leóns mariños e caranguexos. Nas vertentes e caldeiras dos volcáns de Isabela hai ainda vexetación moi interesante.
Isabela tamén é un cantón do Ecuador cuxa capital é a localidade de Puerto Villamil, a maior da illa e a terceira maior do arquipélago, situada na punta sudeste da illa.