Montalegre
Coordenadas: 41°49′26″N 7°47′24″W / 41.82389°N 7.79°W
| Montalegre | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Portugal |
| Rexión: | Norte |
| Subrexión: | Alto Trás-os-Montes |
| Distrito: | Vila Real |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 806,19 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 12.762 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | |
| Xentilicio: | montalegrense |
| Información | |
| Código postal: | 5470 Montalegre |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | www.cm-montalegre.pt |
Montalegre é unha vila portuguesa no Distrito de Vila Real, Rexión Norte e sub-rexión do Alto Trás-os-Montes, cunha poboación de aproximadamente 1.800 habitantes.
É sede dun concello arraiano de 806,19 km² e 12.762 habitantes (2001), subdividido en 36 freguesías. O concello linda ao norte cos concellos ourensáns de Lobios, Muíños, Calvos de Randín, Baltar, Cualedro e Oímbra (cos terreos do antigo Couto Mixto), ao leste con Chaves, ao sueste con Boticas, ao sur con Cabeceiras de Basto, ao suroeste con Vieira do Minho e ao oeste coas Terras de Bouro.
O concello forma, xunto con Boticas, a rexión do Barroso, Portugal, Barroso. O 26,26% da superficie do concello forma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês, sendo con 211,74 km² os concello con máis territorio do parque.
| Poboación do concello de Montalegre (1801–2004) | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
| 18.072 | 9.794 | 20.732 | 21.158 | 32.728 | 19.403 | 15.464 | 12.762 | 12.150 |
Índice |
Freguesías [editar]
O concello está formado polas freguesías de Cabril, Cambeses do Rio, Cervos, Chã, Contim, Covelães, Covelo do Gerês, Donões, Ferral, Fervidelas, Fiães do Rio, Frades do Rio, Gralhas, Meixedo, Meixide, Montalegre, Morgade, Mourilhe, Negrões, Outeiro, Padornelos, Padroso, Paradela, Pitões das Júnias, Pondras, Reigoso, Salto, Santo André, Sarraquinhos, Sezelhe, Solveira, Tourém, Venda Nova, Viade de Baixo, Vila da Ponte e Vilar de Perdizes.
Patrimonio [editar]
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Montalegre.
Véxase tamén [editar]
Bibliografia [editar]
- BORRALHEIRO, Rogério: Montalegre - Memórias e História. Barrosana, E.M. Montalegre 2005.
Ligazóns externas [editar]
- Observatorio de aves en Montalegre e na serra do Larouco.