Inna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inna en MTV

Elena Alexandra Apostoleanu, máis coñecida como Inna, nada en Mangalia o 16 de outubro de 1986[1], é unha cantante romanesa de música dance.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en 2008 co seu álbume Hot producido por Play & Win, un grupo house composto por tres mozos romaneses. O sinxelo principal do álbum, tamén titulado "Hot" liderou os primeiros postos das listas de éxitos en Romanía, Bulgaria, Portugal, Polonia, España, Países Baixos, Rusia, Hungría, Turquía e Grecia[2][3]. O segundo sinxelo promocional do álbum titúlase "Love". Foi nomeada como mellor cantante e mellor sinxelo nos "Eska Awards" en Polonia. Inna lanzou como terceiro sinxelo promocional unha canción titulada "Déjà Vu" en colaboración con Bob Taylor que se converteu nun éxito en Romanía, Bulgaria, Rusia, Hungría e España. Nos Romania Music Awards que tiveron lugar en Craiova, Inna gañou os premios a Mellor Coreografía, Mellor Posta en Escena,[4] e o premio Best Border Breaker, outorgado a aqueles cantantes que máis éxitos cultivaron fóra de Romanía.

Inna asinou un contrato coa discográfica Ultra Records para promocionar Hot en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

  • Hot (2009)
  • I Am The Club Rocker (2011)

EP's[editar | editar a fonte]

  • Inna: Best Of (2009)
  • Hit The List: Tabu (2010)

Álbums de remixes[editar | editar a fonte]

  • The Remix Collection (2010)
  • The Remix Collection (Part II) (2011)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Hot[editar | editar a fonte]

  • Hot (2008)
  • Love (2009)
  • Déjà Vu (Con Bob Taylor) (2009)
  • Amazing (2009)
  • I Need You For Christmas (2009)

Hot (Spanish Edition)[editar | editar a fonte]

  • 10 Minutes (2010)

I Am The Club Rocker[editar | editar a fonte]

  • Sun Is Up (2010)
  • Club Rocker (con Flo Rida) (2011)
  • Un Momento (con Juan Magan) (2011)
  • W.O.W - Inna (2011)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inna