Illa del Giglio
| Illa del Giglio | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Italia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Arquipélago Toscano |
| Linguas | Italiano |
| Poboación (2009) | 1.458 hab. |
| Superficie | 23´80 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | [[coor dm|42|21|N|10|54|E}} |
| Maior Altura | 496 m. Poggio della Pagana |
| Localización | |
Giglio (italiano: Isola do Giglio) é unha illa e unha comuna italiana situada no Mar Tirreno, na costa da Toscana, parte da provincia de Grosseto.
Índice |
Xeografía [editar]
A illa está separada 16 km do promontorio Argentario, principalmente montañosa, está case totalmente constituída por granito que culmina co Poggio della Pagana (496 m). O 90% da súa superficie está cuberta por vexetación mediterránea alternando con grandes bosques de piñeiros e viñedos, que permiten a produción do famoso "viño de Ansonaco". A costa ten 27 km de longo, composta de rocas, de suaves cantiis e varias baías suxestivas: Arenella, Cannelle, Caldane e Campese, a máis grande co seu pequeno pobo homónimo.
Historia [editar]
A illa naceu probablemente fai de 4´5 a 5 millóns de anos, e foi habitada desde a Idade de Ferro. Máis tarde foi probablemente unha fortaleza militar etrusca. No marco da dominación da Antiga Roma era unha importante base no mar Tirreno, citada, por exemplo, por Xulio César no seu De Bello Gallico e polo poeta Rutilius Claudius Namatianus.
No ano 805 foi doada por Carlomagno á abadía de Tre Fontane en Roma, e máis tarde foi unha posesión das familias Aldobrandeschi, Pannocchieschi, Caetani, Orsini e a comuna de Perugia. En 1241 a flota siciliana do emperador Frederick II destruíu a flota xenovesa. Desde 1264 foi dominio de Pisa, da que pasou aos Medici. Sufriu varios ataques sarracenos, que só terminaron en 1799.
Xunto á súa historia, a illa foi sempre recoñecida polos seus recursos minerais: moitas columnas e edificios en Roma, foron construídos co granito Gigliese.
Transporte [editar]
A Illa del Giglio está conectada á Toscana por transbordadores desde Porto Santo Stefano.