Illa de Armona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°01′30″N 7°46′48″O / 37.025, -7.78

Vista da illa de Armona fronte a Olhão

A illa de Armona ou, máis popularmente, illa da Armona, é unha illa da Ría Formosa, no concello de Olhão, no Algarve, Portugal.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Praia na illa de Armona
Cabana turística na illa de Armona

A illa está formada por praias orientadas á Ría Formosa e fronte ao mar. As sús dimensións son de 9 km de lonxitude por de 0,1 a 1 km de largo.

Dispón de cámping e cabanas de alugueiro, e tamén é posíbel alugar casas particulares. Hai restaurantes preto do peirao,[2] algúns deles con tradicións familiares transmitidas de xeración en xeración. Pola illa non circulan automóbiles, só vehículos motorizados de emerxencia e limpeza.

A conexión coa cidade de Olhão pódese facer diariamente por un ferri, nunha viaxe de 20 minutos, que circula de hora en hora no verán, e cun horario un pouco máis reducido no inverno, ou por taxi acuático, máis rápido.[3]

A praia principal do lado atlántico da illa é inmaculada e está pouco masificada, polo que é un destino popular para os turistas que se hospedan en Olhão. O porto é un lugar moi popular no verán, cando os veciños e os veraneantes saltan desde o peirao ao mar.[4]

Os afeccionados aos deportes acuáticos atoparán na illa de Armona un bo lugar para practicalos. Canoa, vela e mergullo son ​​só algúns exemplos. A pesca deportiva tamén é moi popular.

Ademais da parte habitada da illa, hai un treito cunha natureza máis salvaxe, onde é posible atopar, por exemplo, camaleóns e outros espécimes da fauna local.

A illa de Armona está integrada no Parque Natural da Ría Formosa.

En xuño de 2019 a illa estreouse coa bandeira azul, cunha das praias máis limpas do mundo.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Para algúns estudosos Armona ten orixe celta. Hai topónimos de localidades menores en España (en Galicia na foz do río Miño, e no País Vasco,[5] e Armona e Armora en Sevilla).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Municipality's Geography". www.visitolhao.pt. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  2. "Beach Villa - Visit Armona Island in the Algarve". www.armonaisland.com. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  3. "Ferry Boat From Olhão To Armona, Culatra, Farol - Tours In Algarve". Consultado o 12 de novmbro de 2021. 
  4. Crossan, Rob (1 de febreiro de 2014). "Rustic cobbled streets and unspoiled beaches: Armona Island is a little bit of paradise". Express.co.uk. Consultado o 12 de noembro de 2021. 
  5. Gerardo López de Guerenu (1983). "Toponimia de Contrasta" (PDF). Euskaltzaindia. pp. 415–423. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  6. María Dolores Gordón Peral (14 de outubro de 2013). De Gruyter, ed. "Lengua, espacio y sociedad: Investigaciones sobre normalización toponímica en España". ISBN 978-31-1031-495-3. Consultado o 12 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]